bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Timothy 6
1 Timothy 6
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 5
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
1
Todos os que están baixo o xugo da escravitude teñan ós seus propios amos por dignos da maior estima, para que non se maldiga o nome de Deus nin se desprece a doutrina.
2
Os que teñan amos crentes, non lles falten á consideración por seren irmáns; ó contrario, sírvanos mellor, por seren crentes e irmáns os que reciben os seus bos servizos. Isto é o que tes que ensinar e recomendar.
3
Se alguén ensina outra cousa e non segue as boas palabras as do noso Señor Xesús Cristo, a doutrina conforme á verdadeira piedade,
4
faise un soberbio; non entende nada, senón que se aparva con controversias e discusións baleiras, das que nacen envexas, rifas, palabras inxuriosas e malas sospeitas,
5
discusións parvas de homes con mente corrompida, carentes da verdade, que teñen a verdadeira piedade coma unha fonte de ganancia.
6
E certamente a verdadeira piedade, cando un se conforma co que ten, é a mellor fonte de ganancia.
7
Porque nada trouxemos ó mundo e nada podemos levar del.
8
Contentémonos con ter para comer e para vestir.
9
Os que se queren facer ricos caen en tentacións e trapelas e en moitas cobizas, todas perigosas, que botan os homes a perder e á ruína.
10
A raíz de todos os males é a avaricia: algúns, dominados por ela, afastáronse da fe e envurulláronse a si mesmos en moitas dores.
11
Pero ti, home de Deus, fuxe desas cousas; procura a xustiza, a piedade verdadeira, a fe, a caridade, a paciencia e a mansedume.
12
Loita na fermosa competición da fe, procura a vida eterna á que te chamaron e que confesaches de maneira brillante diante de moita xente.
13
Mándocho ante Deus, que fai vivir todas as cousas, e ante Cristo Xesús, que con tan magnífica confesión deu testemuño ante Poncio Pilato:
14
garda o mandamento, sen lixo e sen tacha, ata a manifestación gloriosa do Señor noso Xesús Cristo.
15
No seu debido tempo amosarao o Deus bendito e único podente, Rei dos reis e Señor dos señores.
16
O único que ten a inmortalidade e que habita nunha luz inaccesible. A El ningún home o viu nin o pode ver. A El a honra e o poder eterno. Amén.
17
Os ricos deste mundo mándalles que non sexan fachendosos, nin poñan a esperanza na riqueza incerta, senón en Deus, que nos dá para gozar de todas as cousas con gran abundancia.
18
Que fagan o ben, enriquecidos en boas obras, xenerosos en dar e dadivosos cos demais.
19
Así atesourarán para si un estupendo capital para o porvir e acadarán a verdadeira vida.
20
Timoteo, garda o depósito, evitando as lerias profanas e as obxeccións da falsa ciencia.
21
Por andaren niso algúns afastáronse da fe. A graza sexa convosco.
← Chapter 5
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
All chapters:
1
2
3
4
5
6