bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Colossians 1
Colossians 1
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 2 →
1
Paulo, apóstolo de Xesús Cristo pola vontade de Deus e mais o irmán Timoteo,
2
ós santos e fieis irmáns en Cristo Xesús que viven en Colosas: desexámosvos a graza e paz de Deus, noso Pai.
3
Dámoslle grazas a Deus, o Pai do noso Señor Xesús Cristo, rezando decote por vós,
4
desde que nos chegou a nova da vosa fe en Cristo Xesús e do amor que tedes a todos os cristiáns,
5
por mor da esperanza de quen vos agarda alá no ceo; esa esperanza da que oístes falar na palabra de verdade do Evanxeo
6
que chegou ata vós. Tamén entre vós, coma en todo o mundo, o Evanxeo dá froitos e medra desde o día que escoitastes e coñecestes de verdade a graza de Deus,
7
tal coma volo ensinou Epafras, o noso benquerido compañeiro de servizo, fiel servidor de Cristo no noso lugar;
8
tamén el nos deu novas do amor que pon en vós o Espírito.
9
Por esta razón tamén nós, desde o día en que soubemos disto, non deixamos de rezar por vós. Pedímoslle a Deus que vos encha do coñecemento da súa vontade, con todo o saber e intelixencia que dá o Espírito.
10
Así daredes coma froitos toda clase de obras boas e medraredes no coñecemento de Deus;
11
estaredes fortalecidos en todo coa súa potencia magnífica para serdes con ledicia pacientes e constantes a toda proba;
12
e darédeslle grazas ó Pai que nos fixo merecentes de participar na herdade dos santos, na luz.
13
Porque El arrincounos da pouta das tebras para nos pasar ó Reino de seu Fillo querido,
14
en quen nós atopamos redención, o perdón dos pecados.
15
El é a imaxe do Deus invisible, de toda criatura el é o primeiro nacido,
16
e por medio del fixéronse as cousas, as da terra e tamén as do ceo, as vistas cos ollos, as por eles non vistas; señoríos sexan ou ben maxestades, sexan principados, tamén potestades; el é modelo e fin do universo creado.
17
Antes ca todo está el, todo nel se cimenta aínda hoxe.
18
É tamén a cabeza do corpo o corpo é a Igrexa. El é o principio, o primeiro en nacer de entre os mortos, de xeito que en todo sexa sempre o primeiro.
19
Porque nel quixo Deus habitar coa súa total plenitude:
20
reconciliar así o universo consigo, por el; e no sangue da cruz poñer paz entre os seres da terra e do ceo, servíndose del.
21
Tamén vós estabades noutro tempo afastados e manifestabades cos vosos feitos a vosa profunda hostilidade;
22
pero agora Deus reconciliouvos pola morte do corpo perecedoiro do seu fillo, para vos presentar santos diante del, sen chata e irreprensibles ós seus ollos.
23
Unicamente que debedes seguir cimentados e firmes na fe e non vos arredar da esperanza que escoitastes no Evanxeo; ese Evanxeo que se lles predicou a todas as criaturas, debaixo do ceo, e do que a min, Paulo, me fixeron servidor.
24
Agora alégrome do que teño que padecer por vós; así completo na miña carne o que lles falta ás penalidades de Cristo polo seu corpo, que é a Igrexa.
25
Desta Igrexa fíxoseme servidor cando Deus me encomendou para o voso ben esta misión: predicar cumpridamente a palabra de Deus,
26
ese misterio escondido desde séculos e xeracións, pero que agora se manifesta ó seu pobo santo.
27
A este pobo quíxolle Deus amosar a espléndida riqueza que representa para os pagáns este segredo: que Cristo, a gloria esperada, tamén é para vós!
28
El é a quen nós anunciamos, aconsellando a todos, adoutrinándoos o mellor que sabemos para facer cristiáns coma é debido.
29
Por isto é polo que eu peno e loito coa axuda da súa forza que traballa en min abondosamente.
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 2 →
All chapters:
1
2
3
4