bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Colossians 2
Colossians 2
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 3 →
1
Pois quero que saibades a loita tan grande que sosteño por vós e polos de Laodicea e por tantos que non me coñecen persoalmente.
2
Así atoparán consolo os seus corazóns, para que, ben unidos no amor, logren a gran riqueza dunha comprensión total e coñezan o misterio de Deus, Cristo,
3
en quen están agachados todos os tesouros de sabedoría e da ciencia.
4
E dígovos isto para que ninguén vos engane con argumentos capciosos,
5
pois aínda que corporalmente estou lonxe de vós, co espírito estou convosco, alegrándome da boa orde que, segundo vexo, reina entre vós e da firmeza da vosa fe en Cristo.
6
Así que, do mesmo xeito que recibistes a Cristo Xesús coma Señor, camiñade agora coma cristiáns;
7
enraizados nel, ídevos construíndo, fortalecéndovos na fe que se vos ensinou e rebordando de agradecemento.
8
Ollo!, que ninguén vos enguedelle con filosofías e especulacións sen contido, fundadas nas tradicións dos homes, nos elementos deste mundo e non en Cristo.
9
Porque nel habita corporalmente toda a plenitude da divindade
10
e nel que é cabeza de todos os principados e potestades atopades vós a vosa plenitude.
11
El foi quen vos circuncidou non cunha circuncisión feita coas mans dos homes senón librándovos dos vosos baixos instintos; esa foi a circuncisión de Cristo.
12
Sepultáronvos con el no bautismo e tamén resucitades nel pola fe na forza de Deus, que o resucitou de entre os mortos.
13
E a vós que estabades mortos polos vosos pecados e por non ter circuncidado os vosos instintos, deuvos a vida con el. El perdoounos todos os pecados,
14
Anulando a cédula dos preceptos legais que ía contra nós: quitouna de diante e espetouna na cruz.
15
El destituíu os principados e potestades converténdoos en espectáculo público levándoos coma cativos no séquito triunfal da cruz.
16
Así, que ninguén vos xulgue por culpa da comida ou da bebida ou polas festas, as lúas novas ou os sábados.
17
Estas cousas eran sombra do que estaba para vir; pero a realidade é Cristo.
18
Que ninguén vos prive do premio coa súa humildade aquelada e o seu culto ós anxos: visións e visionarios que se ven enfonchados coma parvos polo seu entendemento egoísta,
19
ese despréndese da cabeza que polas xuntas e tendóns alimenta e cohesiona o corpo enteiro, facéndoo coma Deus quere.
20
Se morrestes con Cristo ós elementos do mundo, por que deixades que vos impoñan normas, coma se vivísedes conforme a vida do mundo?
21
"Non collas, non probes, non toques...":
22
esas son cousas que se van desfacendo co uso, e que non pasan de seren preceptos e doutrinas de homes.
23
Isto ten, xa que logo, aparencia de sabedoría, pola piedade aquelada, pola humildade e severidade co corpo; pero de feito soamente vale para dar satisfacción ó instinto.
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 3 →
All chapters:
1
2
3
4