bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Colossians 4
Colossians 4
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
1
Amos, dádelles ós vosos escravos o que é xusto e obrigado, decatándovos de que tamén vós tedes un amo no ceo.
2
Sede constantes na oración: vixiade nela con acción de grazas.
3
Rogade ó mesmo tempo por nós, para que Deus abra unha porta á nosa predicación, a fin de anunciar o misterio de Cristo, polo que eu estou na cadea:
4
que o expoña coma o debo expoñer.
5
Cos de fóra andade con moito tino, aproveitando as ocasións.
6
Que a vosa conversa sexa sempre agradable, cun chisquiño de sal, de xeito que saibades darlle a cadaquén a resposta axeitada.
7
Das cousas que se refiren a min xa vos dará novas Tíquico, meu irmán benquerido, fiel auxiliar e compañeiro de servizo no Señor;
8
mándovolo mesmamente para iso, para que teñades novas de nós e para que poña acougo nos vosos corazóns.
9
Vai canda o querido e fiel irmán Onésimo, que é un dos vosos. Xa vos poñerán ó tanto de todo o que pasa por aquí.
10
Saúdos de Aristarco, o meu compañeiro na cadea, e de Marcos, curmán de Bernabé (acerca deste xa recibistes algunhas instrucións: se chega onda vós, acollédeo).
11
Saúdos tamén de Xesús, a quen lle chaman o Xusto. De entre os xudeus só estes son os meus axudantes no traballo polo Reino de Deus, e abofé que me foron un bo alivio.
12
Saúdos do servidor de Xesús Cristo, Epafras, que é dos vosos e que decote está loitando por vós coas súas oracións por mor de que perseveredes na perfección e no cumprimento de todo canto Deus quere.
13
Douvos fe do moito que traballa por vós e polos que están en Laodicea e Hierápolis.
14
Saúdos tamén de Lucas, o querido médico, e de Dimas.
15
Dádelles saúdos ós irmáns de Laodicea, e a Ninfas e á Igrexa que ten as xuntanzas na súa casa.
16
E cando leades esta carta, facede de xeito que tamén se lea na Igrexa dos de Laodicea; e a de Laodicea lédea vós tamén.
17
Dicídelle a Arquipo: "Ten moito coidado co servizo que se che encomendou coma cristián e cúmpreo ben".
18
Esta lembranza vai da miña man: Paulo. Lembrádevos das miñas cadeas. A graza vaia convosco.
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
All chapters:
1
2
3
4