bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Colossians 3
Colossians 3
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 4 →
1
Polo tanto, se resucitastes con Cristo, buscade as cousas de alá enriba, onde Cristo está sentado á dereita de Deus;
2
Arelade o de arriba e non o da terra.
3
Vós morrestes e a vosa vida está agachada con Cristo en Deus.
4
Cando se manifeste Cristo, que é a vosa vida, daquela tamén vós vos manifestades con El revestidos de claridade.
5
Así que, dádelle morte a todo canto tedes de terreal: a fornicación, a inmoralidade, a paixón, os malos desexos e a cobiza, que é unha idolatría.
6
Estas son as cousas polas que o noxo de Deus cae sobre os fillos rebeldes;
7
e nelas andastes vós en tempos cando viviades emporcallados nelas.
8
Pero agora deixádevos de todo iso: furor, carraxe, ruindade, aldraxes e palabras groseiras, lonxe dos vosos beizos.
9
Non mintades uns a outros, xa que vos espistes do home vello cos seus malos feitos
10
e vos revestistes do home novo, que se vai anovando, conforme a imaxe de quen o creou, para chegar a un coñecemento total.
11
Alí xa non hai máis nin grego nin xudeu, circuncisión nin non circuncisión, estranxeiro nin bárbaro, escravo nin libre, senón que Cristo é todo en todos.
12
Vós, logo, coma elixidos de Deus, santos e benqueridos, revestídevos de sentimentos de misericordia, de bondade, de humildade, de sinxeleza, de tolerancia.
13
Aturádevos uns ós outros e perdoádevos, cando un teña queixa doutro; coma o Señor vos perdoou, perdoádevos tamén vós.
14
E, por riba de todo isto, cinguídevos co amor, que é o lazo que todo o une e leva a perfección.
15
Que a paz de Cristo goberne os vosos corazóns, xa que a ela vos chamaron coma membros dun mesmo corpo. Sede tamén agradecidos.
16
Que a palabra de Cristo habite en vós con toda a súa riqueza. Ensinádevos e alentádevos uns a outros o mellor que saibades. Co corazón cheo de agradecemento cantádelle a Deus salmos, himnos e cántigas inspiradas.
17
E todo canto fagades, de palabra ou de obra, facédeo para honra de Xesús, o Señor, dándolle grazas a Deus Pai por medio del.
18
Mulleres, sede dóciles ós vosos homes coma lle acae a unha muller cristiá.
19
Homes, amade as vosas mulleres e non sexades ríspetos con elas.
20
Fillos, sede ben guiados en todo cos vosos pais, que isto é cousa agradable ó Señor.
21
Pais non asoballedes os vosos fillos, para que non saian coitados.
22
Escravos, obedecede en todo ós amos que tedes na terra, non para buscar o contento dos homes que ven o voso servizo, senón de corazón por respecto ó Señor.
23
Todo canto fagades, facédeo con toda a alma, como para o Señor e non para os homes,
24
tendo en conta que recibiredes do Señor a herdade coma recompensa. Servide a Cristo, o voso Señor.
25
Quen cometa inxustiza, recibirá o merecido pola súa inxustiza, que Deus non anda con favoritismos.
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 4 →
All chapters:
1
2
3
4