bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 John 1
1 John 1
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 2 →
1
O que pasou desde o comezo, o que temos oído, o que teñen visto os nosos ollos, o que contemplamos nós e palparon as nosas mans, a saber, a Palabra que é a vida
2
(porque a vida manifestouse e nós vímola e damos testemuño dela, e anunciámosvola a vós: a vida eterna, que estaba na intimidade do Pai e que se nos amosou a nós):
3
iso que temos visto e oído agora tamén volo anunciamos a vós, para que tamén vós teñades parte connosco; pois compartir connosco é compartir co Pai e co seu Fillo Xesús Cristo.
4
Escribímosvos isto para que a nosa alegría sexa ben cumprida.
5
Esta é a mensaxe que lle temos oído a El e que agora vos anunciamos a vós: que Deus é Luz e que nel non hai escuridade ningunha.
6
Se aseguramos que estamos en comuñón con El e vivimos na escuridade, mentimos e non practicamos o que cremos.
7
Pero se nós vivimos na Luz, do mesmo xeito que El está na Luz, entón estamos en comuñón uns cos outros e o sangue de Xesús, o seu Fillo, estanos purificando de todos os pecados.
8
Se dicimos que non temos pecado, desviámonos e non temos en nós a verdade.
9
Se recoñecemos publicamente os nosos pecados, fiel e xusticeiro é Deus; El perdoaranos os pecados e limparanos de toda ruindade.
10
Se dicimos que endexamais non pecamos, estamos facendo de Deus un mentireiro e non podemos ter connosco a súa revelación.
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 2 →
All chapters:
1
2
3
4
5