bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 John 5
1 John 5
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
1
Todos cantos cren que Xesús é o Mesías, naceron de Deus; e quen ama ó que xera, ama tamén a quen aquel xerou.
2
Sabemos que amamos os fillos de Deus, se amamos a Deus e cumprimos cos seus mandamentos.
3
Porque o amor a Deus consiste en cumprir cos seus mandamentos. Os mandamentos de Deus non son pesados,
4
porque nacer de Deus permítenos vencer o mundo. E esta é a vitoria que derrota o mundo: a nosa fe.
5
Porque quen é o que derrota o mundo, senón o que cre que Xesús é o Fillo de Deus?
6
O que veu con auga e sangue, foi el, Xesús Cristo; non veu con auga só, senón con auga e con sangue. E o Espírito é quen dá testemuño, xa que o Espírito é a Verdade.
7
Porque tres son os que dan testemuño:
8
o Espírito, a auga e mais o sangue; e os tres testemuñan no mesmo senso.
9
Se nós aceptamos o testemuño dos homes, maior razón ten o testemuño de Deus. E este é o testemuño de Deus: o que El nos ten dado acerca do seu Fillo.
10
Quen cre no Fillo de Deus leva dentro de si este testemuño; quen non lle dá fe a Deus pono por mentireiro, xa que non cre no testemuño que Deus ten dado acerca do seu Fillo.
11
E nisto consiste ese testemuño: en que Deus nos deu a vida eterna, a vida que está no seu Fillo.
12
Quen ten o Fillo, ten a vida; quen non ten o Fillo, non ten a vida.
13
Con esta carta quero que vós, os que credes no Fillo de Deus, esteades seguros de que tedes a vida eterna.
14
Cando acudimos a el, estamos certos de que nos escoita, se o que lle pedimos está conforme coa súa vontade.
15
Se estamos certos de que nos escoita en calquera cousa que lle pidamos, estamos tamén certos de que xa conseguimos o que lle estamos pedindo.
16
Se alguén ve que o seu irmán peca con pecados que non levan á morte, que rece por el e Deus daralle a vida. Refírome ós que cometeron pecados que non levan á morte. Porque hai un pecado que leva á morte; e non é por este polo que eu digo que se rece.
17
Toda inxustiza é pecado, pero hai pecados que non levan á morte.
18
Sabemos que todo aquel que é un nacido de Deus non peca, senón que o garda consigo aquel que naceu de Deus, para que non lle toque o Maligno.
19
Sabemos que nós vimos de Deus, mentres que o mundo enteiro está nas mans do Maligno.
20
Sabemos que o Fillo de Deus xa está aquí e que nos deu entendemento para coñecer o Verdadeiro; nós estamos co Verdadeiro, co seu Fillo Xesús Cristo. Este é o Deus verdadeiro e a vida eterna.
21
Meus Filliños, gardádevos dos falsos deuses.
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
All chapters:
1
2
3
4
5