bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 John 4
1 John 4
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 5 →
1
Meus amigos, non fiedes en calquera espírito; máis ben, poñede á proba os espíritos, para ver se veñen de Deus. Porque de entre nós saíron polo mundo moitos falsos profetas.
2
O Espírito de Deus podémolo distinguir nisto: vén de Deus todo espírito que profesa que Xesús Cristo veu en carne mortal;
3
non pode vir de Deus todo espírito que non profesa a Xesús; ese é o espírito do Anticristo, de quen oístes dicir que ía vir e agora xa está no mundo.
4
Meus filliños, vós sodes de Deus, e tedes os anticristos sometidos a vós, porque o que está en vós é maior có que está no mundo.
5
Eles son dos do mundo, falan ó xeito do mundo e por isto escóitaos o mundo.
6
Nós, en troques, somos dos de Deus: quen coñece a Deus, escóitanos; quen non é dos de Deus, non nos escoita. Nisto é onde coñecemos o Espírito da verdade e o espírito do error.
7
Meus amigos, amémonos uns ós outros, porque o amor vén de Deus; e todo aquel que ama naceu de Deus e coñece a Deus.
8
O que non ama, aínda non coñece a Deus, porque Deus é amor.
9
O amor de Deus fíxose ver entre nós en que Deus mandou ó mundo o seu Fillo Unixénito, para que nos dese a súa vida.
10
Hai amor dentro de nós, non porque nós teñamos amado a Deus, senón porque El nos amou a nós e mandou o seu Fillo para que expiase os nosos pecados.
11
Meus amigos, se Deus nos amou tanto, tamén nós nos temos que amar uns ós outros.
12
A Deus non o deu visto nunca ninguén; pero, se nós nos amamos uns ós outros, Deus está en comuñón connosco e o seu amor faise realidade cumprida en nós.
13
Coñecemos que estamos en comuñón con El e El connosco, en que nos deu parte no seu Espírito.
14
Nós mesmos o contemplamos e por iso testemuñamos que o Pai mandou o seu Fillo coma salvador do mundo.
15
Se un profesa que Xesús é o Fillo de Deus, Deus está en comuñón con el e el con Deus.
16
Pero nós xa o coñecemos e temos posta a nosa fe neste amor: o amor que Deus mantén vivo entre nós. Deus é amor e quen permanece no amor, permanece en Deus e Deus permanece nel.
17
Nisto chega o amor a ser realidade cumprida en nós: en que miramos para o día do xuízo con confiada seguridade porque, tamén nós vivimos neste mundo ó xeito de Cristo.
18
No amor non hai temor. Antes ben, o amor perfecto bota fóra o temor, pois o temor é temor dun castigo: quen ten medo non chegou a un amor perfecto.
19
Nós somos capaces de amar, porque El nos amou primeiro.
20
Se un di: "Eu amo a Deus", pero odia a seu irmán, é un mentireiro. Porque quen non ama a seu irmán a quen está vendo, non pode amar a Deus, a quen nunca viu:
21
este é xustamente o mandamento que temos recibido del: que quen ama a Deus, ame tamén a seu irmán.
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 5 →
All chapters:
1
2
3
4
5