bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 John 3
1 John 3
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 4 →
1
Vede o moito que nos quixo o Pai, para nos chamarmos fillos de Deus e sérmolo de verdade. Por iso o mundo non nos recoñece: porque tampouco non o recoñeceu a El.
2
Meus amigos, xa somos fillos de Deus, pero aínda non está á vista o que seremos; sabemos que cando Xesús apareza, nós seremos coma el, xa que o veremos tal e como é.
3
Todo o que ten posta en Xesús esta esperanza, trata de vivir unha vida limpa, para ser limpo coma el.
4
Todo aquel que peca comete unha ruindade, xa que o pecado é esa rebeldía.
5
E xa sabedes que el se presentou para quitar os pecados, xa que nel non hai pecado.
6
A quen segue en comuñón con el, non lle dá por pecar: quen peca é que non o viu nin o coñeceu.
7
Meus fillos, que ninguén vos extravíe: quen fai o que é xusto, vólvese xusto, xa que imita a Aquel que é xusto.
8
Quen comete pecado, vén do demo, xa que o demo é pecador desde o comezo. Por isto se fixo ver o Fillo de Deus, para acabar coas obras do demo.
9
Quen naceu de Deus, xa non comete pecado, porque a semente de Deus queda nel: xa non pode pecar, porque naceu de Deus.
10
Nisto é onde se ven os que son fillos de Deus e os que son fillos do demo. Quen non fai o que é xusto, isto é, quen non quere ben a seu irmán, non vén de Deus.
11
Porque esta é a mensaxe que oístes desde o comezo: que nós nos amemos uns ós outros.
12
Non coma Caín, que, vindo da caste do demo, degolou a seu irmán. E por que o degolou? Porque os seus feitos eran do demo, mentres que os do seu irmán eran xustos.
13
Non vos admiredes, irmáns, de que o mundo vos teña odio.
14
Ollade que nós sabemos que pasamos da morte á vida en que lles queremos ben ós irmáns; o que non quere ben, permanece na Morte.
15
Quen odia a seu irmán é un asasino e xa sabedes que ningún asasino leva en si a vida eterna.
16
Soubemos o que é o amor desde que el deu a súa vida por nós e entón decatámonos de que nós temos que dar a vida polos irmáns.
17
Pois como pode estar o amor de Deus naquel que, tendo moitos bens deste mundo e vendo pasar necesidade ó irmán, lle cerra as entrañas?
18
Meus filliños, non amemos de palabra e de lingua, senón con feitos e na verdade.
19
Deste xeito saberemos que vivimos conforme a verdade e sosegaremos o noso corazón diante do tribunal de Deus.
20
Porque aínda que o noso corazón nos acuse, Deus é meirande có noso corazón e coñece todo.
21
Meus amigos, se o corazón non nos acusa, temos confianza para nos achegar a Deus
22
e El dános o que lle pidamos, porque cumprimos cos seus mandamentos e facemos o que a El lle agrada.
23
Isto é o que El manda: que creamos no seu Fillo Xesús Cristo e que nos queiramos ben uns ós outros, coma el nos mandou.
24
O que cumpre cos seus mandamentos, está en comuñón con Deus, e Deus en comuñón con el: coñecemos que Deus está en comuñón connosco polo Espírito que nos deu.
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 4 →
All chapters:
1
2
3
4
5