bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 John 2
1 John 2
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 3 →
1
Meus filliños, escríbovos estas cousas para que non pequedes; pero, se algún peca, temos quen nos defenda diante do Pai: Xesús Cristo, o xustificador.
2
El é quen expía os nosos pecados; e non só os nosos senón tamén os de todo o mundo.
3
Sabemos que o coñecemos de verdade polo feito de que cumprimos cos seus mandamentos.
4
O que di: "Eu coñézoo" pero non cumpre cos seus mandamentos, é un mentireiro e non ten en si a verdade revelada.
5
Quen garda a súa Palabra, nel o amor de Deus chega de verdade ó máximo; nisto é onde coñecemos que estamos con El.
6
Quen di que permanece en comuñón con El, ten que comportarse como Xesús se comportou.
7
Meus amigos, non vos comunico un mandamento novo senón un mandamento antigo, que xa tiñades desde o comezo: este mandamento antigo é a Palabra que daquela escoitastes.
8
E, con todo, comunícovos un mandamento novo: esta novidade é verdadeira sexa polo que a Xesús toca, sexa polo que vos toca a vós, porque a escuridade vai desaparecendo e brilla xa a luz verdadeira.
9
Quen di que está na Luz, pero odia a seu irmán, aínda está na escuridade.
10
Quen ama a seu irmán, está na Luz e nel non hai nada que o faga tropezar.
11
En troques, quen odia a seu irmán, está na escuridade e camiña na escuridade e, por isto, non sabe a onde vai, porque a escuridade lle cegou os ollos.
12
Dígovos, meus fillos, que os vosos pecados están perdoados por mor do seu nome.
13
Dígovos, pais, que vós tedes o coñecemento daquel, que é desde o comezo. Dígovos, mozos, que vós vencestes o Maligno.
14
Díxenvos, por tanto, meus filliños, que vós tedes o coñecemento do Pai. Díxenvos, por tanto, pais. que vós tedes o coñecemento daquel, que é desde o comezo. Díxenvos, por tanto, mozos, que vós sodes valentes, que a Palabra de Deus está dentro de vós, e que por isto vencestes o Maligno.
15
Non lle queirades ben ó mundo nin ó que hai nel. O amor do Pai non pode estar en quen lle queira ben ó mundo.
16
Porque todo o que hai no mundo as inclinacións ó mal, os ollos que endexamais nunca se enchen e o orgullo que dá ter moitos cartos non vén do Pai, senón que vén do mundo.
17
Porque o mundo pasa e as súas cobizas tamén, pero quen cumpre coa vontade de Deus, permanece para sempre.
18
Meus fillos, estamos na hora derradeira. Conforme oístes, tiña que vir o Anticristo; ollade que xa están aquí moitos anticristos; por isto sabemos que estamos na hora derradeira.
19
Os anticristos saíron dos nosos, aínda que eles non eran dos nosos; se fosen dos nosos habían quedar connosco; pero non, eles saíron para deixar ver que non todos son dos nosos.
20
Vós, en troques, recibistes do Santo unha unción e todos vós tedes o coñecemento.
21
Decidinme a escribirvos, non porque non coñezades a verdade senón xustamente porque xa a coñecedes e porque da verdade non saen mentiras.
22
Quen é o mentireiro, senón o que nega que Xesús é o Mesías? Ese tal é o Anticristo, porque nega ó Pai e ó Fillo.
23
Quen nega ó Fillo, xa non ten comuñón co Pai; e quen profesa a súa fe no Fillo, tamén ten comuñón co Pai.
24
Respecto a vós, ó contrario: que vos quede dentro o que aprendestes desde o comezo. Se o que aprendestes desde o comezo vos queda dentro, tamén vós permaneceredes no Fillo e no Pai,
25
xa que esta é xustamente a promesa que o Fillo nos fixo: a vida eterna.
26
Ben. Dos que vos queren descamiñar, xa chega co dito.
27
Ademais, vós conservades dentro a unción que recibistes de Cristo e deste xeito non precisades que ninguén vos faga de mestre; porque a unción de Cristo que é unha realidade e non unha ilusión xa vos ensina todo. Permanecede nel como ela vos ensinou.
28
Pois logo, meus fillos, seguide en comuñón con el, para que cando se nos manifeste o día que volva, teñamos unha seguridade confiada e non nos sintamos fracasados lonxe del.
29
Xa sabedes que Cristo é xustificador; tirade, logo, de aquí a consecuencia: que todo aquel que fai o que é xusto, é fillo del.
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 3 →
All chapters:
1
2
3
4
5