bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Ephesians 1
Ephesians 1
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 2 →
1
Paulo, apóstolo de Cristo Xesús por vontade de Deus, ós cristiáns e crentes en Xesús Cristo:
2
deséxovos a braza e paz de Deus noso Pai, e do Señor Xesús Cristo.
3
Bendito sexa o Deus e Pai do noso Señor Xesús Cristo, que por medio de Cristo nos bendiciu no ceo con toda clase de bendicións do Espírito!
4
Porque nos escolleu antes da formación do mundo, para que fósemos santos e sen mancha perante El polo amor.
5
El decidiu xa daquela facernos fillos por medio de Xesús Cristo, para El, conforme o designio da súa vontade,
6
para loanza da súa gloriosa benquerenza, coa que nos agraciou no Fillo amado,
7
quen co seu sangue nos acadou a redención e o perdón dos pecados, en proba da xenerosidade da súa graza.
8
E fíxoa rebordar sobre nós con toda sabedoría e intelixencia,
9
ó nos descubrir o misterio da súa vontade, conforme o designio que El tiña
10
para levar a historia á súa plenitude e, por medio de Cristo, levar a cabo a unidade do universo, do que hai no ceo e do que hai na terra.
11
Por El tamén nós tivemos a sorte de resultar preelixidos segundo o designio daquel que activa todo conforme o proxecto da súa vontade,
12
para sermos imaxe da súa gloria os que xa antes tiñamos a esperanza en Cristo.
13
Vós tamén, despois de escoitardes a mensaxe da verdade, o Evanxeo da vosa salvación, e crerdes nel, quedastes selados co Espírito Santo prometido,
14
que é garantía da nosa herdanza, para redención dos que chegamos a ser propiedade del, para loanza da súa gloria.
15
Por iso, tamén eu, tendo oído falar da vosa fe no Señor Xesús e do voso amor a todos os crentes,
16
non paro de lle dar grazas a Deus por vós, recordándovos nas miñas oracións,
17
de xeito que o Deus do noso Señor Xesús Cristo, o Pai glorioso, vos conceda espírito de sabedoría e de revelación, para coñecer o ben;
18
que manteña iluminados os ollos da vosa alma, para que comprendades as esperanzas que abre a súa chamada, a riqueza que supón a súa gloriosa herdanza destinada ós crentes,
19
e o extraordinario portento que é o seu poder verbo de nós, os que cremos, en consonancia co vigor da súa potencia e da súa forza,
20
que exerceu con Cristo resucitándoo de entre os mortos e sentándoo á súa dereita nos ceos,
21
por riba de toda soberanía, autoridade, forza e dominio, e por riba de todo título recoñecido neste mundo e tamén no vindeiro.
22
Someteuno todo baixo os seus pés e deullo por riba de todo como cabeza á Igrexa,
23
que é o seu corpo, a plenitude daquel que o enche todo en todas as cousas.
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 2 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6