bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Ephesians 5
Ephesians 5
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 6 →
1
Facédevos, logo, imitadores de Deus, coma fillos queridos,
2
e camiñade no amor, igual ca Cristo, que vos amou e que se entregou por nós coma ofrenda e vítima a Deus de recendo agradable.
3
De inmoralidades ou de cobizas que nin sequera se fale entre vós, como corresponde a cristiáns.
4
Nin haxa tampouco groserías, estupideces ou choqueiradas: son cousas que non proceden. En vez diso dádelle grazas a Deus.
5
Tede por certo que quen se dea á prostitución, á inmoralidade ou á cobiza (que é unha idolatría) non herdará o Reino de Cristo e de Deus.
6
Que ninguén vos engaiole con palabras baleiras, que por estas cousas vén a ira de Deus sobre os fillos rebeldes.
7
Non vos fagades cómplices delas;
8
porque antes, si, erades tebras pero agora sodes luz no Señor. Así que andade coma fillos da luz,
9
(porque a luz é toda bondade, xustiza e verdade),
10
tendo en conta o que agrada ó Señor.
11
E non compartades as obras estériles das tebras; polo contrario, denunciádeas,
12
que do realizado por eses tales ás agachadas dá vergonza mesmo falar.
13
Pero todo iso, cando o delata a luz, queda ó descuberto,
14
pois todo o que se manifesta é luz. Por iso dise: Acorda, ti que estás a durmir, érguete do medio dos mortos e Cristo iluminarate.
15
Mirade, logo, con tino como camiñades: non coma atolados senón coma sensatos,
16
Aproveitando ben este tempo, que corren días malos.
17
Por iso, non sexades irreflexivos; ó contrario, tratade de comprender cal é a vontade do Señor.
18
Non vos emborrachedes con viño, que leva á libertinaxe; en vez diso enchédevos de Espírito,
19
falando entre vós con salmos, himnos e cánticos espirituais, cantando e salmodiando con toda a alma para o Señor
20
e dándolle grazas decote a Deus Pai, por todo, no nome do noso Señor Xesús Cristo.
21
Sede ben guiados uns cos outros por respecto a Cristo:
22
As mulleres sométanse ós propios maridos, coma se fose o Señor,
23
pois o marido é cabeza da muller, coma tamén Cristo é cabeza da Igrexa, o salvador do corpo.
24
E, coma a Igrexa se somete a Cristo, así tamén as mulleres ós seus maridos, en todo.
25
Homes, amade as vosas mulleres, coma tamén Cristo amou a Igrexa e se entregou por ela
26
para santificala, purificándoa co baño de auga na palabra,
27
e para presentala deste xeito diante de si, radiante, sen lixo nin engurra nin cousa polo estilo senón santa e inmaculada.
28
Así deben tamén os maridos amar as súas mulleres coma os seus propios corpos. Quen ama a súa muller, ámase a si mesmo,
29
porque ninguén odiou endexamais a súa propia carne senón que a mantén e aquece, como fai Cristo coa Igrexa,
30
porque somos membros do seu corpo.
31
Por iso deixará o home a seu pai e mais a súa nai e unirase á súa muller e serán os dous un único ser.
32
Grande misterio é este e eu refíroo a Cristo e á Igrexa.
33
En calquera caso, todos e cada un de vós, debe amar a súa muller coma a si mesmo; e a muller, que respecte ó seu marido.
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 6 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6