bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Ephesians 4
Ephesians 4
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 5 →
1
Por tanto, eu, preso polo Señor, pídovos que camiñedes segundo a dignidade da chamada que recibistes,
2
con total humildade, sinxeleza e paciencia, aturándovos uns a outros con amor,
3
esforzándovos por manter a unidade do espírito no vínculo da paz.
4
Hai un só corpo e un só Espírito, do mesmo xeito que se vos chamou a unha única esperanza na vosa vocación.
5
Hai un só Señor, unha soa fe, un só bautismo,
6
e un só Deus e Pai de todos, que está sobre todos, por todos e en todos.
7
A cada un de nós déusenos a graza segundo a medida do don de Cristo.
8
Por iso di a Escritura: Subiu ó alto levando cativos; concedeulles os dons ós homes.
9
Ese "subiu" que quere dicir senón que tamén baixou ó fondo da terra?;
10
e o que baixou foi o mesmo que subiu á cima do ceo para enchelo todo.
11
E a uns fíxoos apóstolos; a outros, profetas; a outros, mensaxeiros do Evanxeo; e a outros, pastores e mestres,
12
para fornecer cristiáns cara á tarefa do ministerio, para a edificación do corpo de Cristo,
13
Ata que todos academos a unidade na fe e no coñecemento do Fillo de Deus, a madurez do home perfecto, o desenvolvemento propio da plenitude de Cristo.
14
Así xa non seremos nenos, batidos e levados á deriva polas ondas de calquera corrente de doutrina, á mercé do engano dos homes e de argucias demagóxicas,
15
senón que, sendo auténticos no amor, medraremos en todo cara a Aquel que é a cabeza, Cristo.
16
Del vén que o corpo todo ben axustado e compacto por todas as xunturas que o alimentan, coa actividade propia de cada unha das partes, vaia medrando, construíndose el mesmo, no amor.
17
Dígovos, por tanto, e recoméndovos en nome do Señor que non vivades máis coma os pagáns, coa mente baleira,
18
coa intelixencia entebrecida, alleos á vida de Deus, pola ignorancia que hai neles, debido á cegueira do seu corazón.
19
Os tales volvéronse insensibles, entregáronse ó vicio ata practicaren insaciablemente toda clase de inmoralidades.
20
Vós, con todo, non foi así como coñecestes a Cristo.
21
Supoño que vos falaron del e que vos ensinaron o que responde á verdade en Xesús;
22
isto é, que vos ispades do home vello da vida anterior, que vai esmorecendo, seducido polas súas arelas;
23
que cambiedes a vosa actitude mental,
24
e que vistades o home novo, creado a imaxe de Deus, na xustiza e na relixiosidade auténticas.
25
Por iso rexeitade a mentira e dígalle cadaquén a verdade ó seu próximo, porque somos membros uns dos outros.
26
Anoxádevos, pero non cheguedes a pecar: que o solpor non vos colla no voso incomodo,
27
nin lle deades entrada ó demo.
28
O que antes roubaba, que non roube máis e que se esforce en traballar honradamente coas súas mans, para poder compartir co necesitado.
29
Que non saia da vosa boca unha palabra ruín: ó contrario, a palabra boa, para a edificación no momento preciso, para que faga ben ós que escoitan.
30
Non aflixades ó Santo Espírito de Deus, que vos selou para o día da redención.
31
Arredade de vós toda retranca, carraxe, ira, berros ou aldraxes e calquera outra maldade;
32
máis ben sede bondadosos e misericordiosos uns cos outros, perdoándovos mutuamente, coma Deus vos perdoou en Cristo.
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 5 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6