bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Ephesians 3
Ephesians 3
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 4 →
1
Por esa razón eu, Paulo, preso por mor de Cristo Xesús e por vos levar este ben a vós, os xentís...
2
Coido que oístes falar da encomenda que a graza de Deus me fixo en favor voso:
3
xa que por medio dunha revelación se me deu a coñecer o misterio, tal como escribín antes en poucas palabras;
4
polo que, ó lelo, podedes esculcar como entendo eu o misterio de Cristo,
5
que noutras xeracións non se lle dera a coñecer á humanidade como agora llelo manifesta o Espírito ós seus santos apóstolos e profetas:
6
que os xentís son parceiros, membros do mesmo corpo e copartícipes da promesa en Cristo Xesús polo Evanxeo
7
do que me fixo servidor a xenerosa graza que Deus me concedeu coa eficacia do seu poder.
8
A min, o máis cativo de todos os crentes, concedéuseme o honor de anunciarlles ós xentís a inimaxinable riqueza de Cristo
9
e amosarlles a todos a realización do misterio escondido desde sempre en Deus, que creou todas as cousas.
10
Así desde o ceo e por medio da Igrexa dáselles a coñecer a principados e autoridades a variedade de formas da sabedoría de Deus,
11
contidas no proxecto eterno que se levou a cabo por medio de Cristo Xesús, noso Señor.
12
Grazas a El temos a liberdade de acceso confiado, pola fe nel.
13
Por isto pídovos que non vos desmoralicedes polas tribulacións que paso por causa vosa, que precisamente elas son a vosa gloria.
14
Por esta razón axeónllome perante o Pai,
15
de quen toma nome toda paternidade no ceo e mais na terra,
16
para que vos conceda segundo a riqueza da súa gloria, que se robusteza poderosamente en vós o home interior por medio do seu Espírito;
17
que Cristo habite pola fe nos vosos corazóns e que teñades a vosa raíz e o voso alicerce no amor,
18
de xeito que poidades comprender, con todo o pobo crente, o ancho, o longo, o alto e o profundo que é
19
o amor de Cristo, que supera todo coñecemento; e así quededes cheos da plenitude total, que é Deus.
20
A aquel que, con esa potencia que actúa en nós, pode facer moito máis inmensamente máis do que nós poidamos pedir ou imaxinar,
21
A El a gloria na Igrexa e en Cristo Xesús, por todas as xeracións de séculos de séculos. Amén.
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 4 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6