bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Ephesians 6
Ephesians 6
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 5
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
1
Os fillos obedecede a vosos pais no Señor, que iso é de razón.
2
Honra a teu pai e a túa nai, é o primeiro mandamento que trae emparellada unha promesa:
3
de xeito que todo che saia ben e vivas moitos anos na terra.
4
E vós, pais, non sexades rigorosos de máis cos vosos fillos; non: educádeos na disciplina e na doutrina do Señor.
5
Escravos, obedecede escrupulosamente ós vosos amos neste mundo con sinceridade coma a Cristo;
6
e non só para que vos vexan, para compracer ós homes, senón coma escravos de Cristo que cumpren de corazón a vontade de Deus,
7
servindo de boa gana, coma se fose ó Señor e non a homes,
8
sabendo que quen fai o ben, escravo ou libre, recibirá recompensa do Señor.
9
E vós, amos, facede o mesmo con eles, prescindindo de ameazas, sabendo que eles e vós tedes un Señor no ceo, e que El non anda con favoritismos.
10
E remato. Fortalecédevos no Señor e na puxanza do seu poder.
11
Revestídevos da armadura de Deus, para que poidades resistir as estrataxemas do demo.
12
Porque non é a nosa loita contra homes de carne e óso senón contra os principados, contra as potestades, contra os que dominan neste mundo tenebroso, contra os espíritos do mal, que andan polo aire.
13
Por iso, collede a armadura de Deus, para lles poder facer fronte no día malo, e, despois de superalo todo, quedar aínda en pé.
14
Estade, logo, en pé: cinguídevos co cinto da verdade, revestidos coa coiraza da xustiza
15
e calzados os pés co afervoamento do Evanxeo da paz.
16
Tede sempre no brazo o escudo da fe, que con el poderedes apagar todos os dardos incendiarios do maligno.
17
Collede o casco da salvación e a espada do Espírito, que é a palabra de Deus,
18
con toda clase de oracións e de súplicas, orando decote no Espírito e velando por iso con asiduidade e súplicas por todos os cristiáns,
19
e tamén por min, a fin de que se me dea a palabra en abrindo a miña boca, para anunciar abertamente o misterio do Evanxeo
20
do que son pregoeiro, mesmo na cadea; que teña valor para anuncialo abertamente, como debo.
21
Para que tamén vós saibades que é de min e como me vai, informaravos de todo iso Tíquico, o noso irmán benquerido e axudante fiel no Señor.
22
Mándovolo para que saibades de nós e para que vos anime.
23
Paz ós irmáns e amor con fe, de parte de Deus Pai e do Señor Xesús Cristo.
24
Que a graza acompañe a todos os que aman ó noso Señor Xesús Cristo con amor indefectible.
← Chapter 5
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
All chapters:
1
2
3
4
5
6