bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Ezra 1
Ezra 1
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 2 →
1
O primeiro ano de Ciro, rei de Persia —para que se cumprise a palabra do Señor saída da boca de Xeremías—, o Señor espertou o espírito de Ciro, rei de Persia, a fin de que en todo o seu reino se promulgase de palabra ou por escrito o que segue:
2
—"Ciro, rei de Persia decreta: Todos os reinos da terra me foron entregados polo Señor, Deus dos ceos, e encargoume por si mesmo de levantarlle un templo en Xerusalén de Xudá.
3
Os que de entre vosoutros pertenzan a ese pobo, que o seu Deus sexa con eles e que os conduza a Xerusalén, en Xudá, para construír a Casa do Señor, o Deus de Israel —trátase do Deus que está en Xerusalén—.
4
En todos os lugares onde reside o resto do pobo, que as xentes deses lugares aporten cada un prata, ouro, bens, animais e ofrendas voluntarias para a Casa de Deus que está en Xerusalén".
5
Entón levantáronse os xefes de familia de Xudá e de Benxamín, os sacerdotes e os levitas, nunha palabra todos cantos Deus movera para ir levantar a Casa do seu Señor que está en Xerusalén.
6
E todos os seus veciños déronlles con xenerosidade obxectos de prata e de ouro, bens e animais, preciosos regalos, sen contar o que ofreceron voluntariamente.
7
O rei Ciro fixo retirar os obxectos da Casa do Señor que Nabucodonosor levara de Xerusalén para metelos na casa dos seus deuses.
8
Ciro, rei de Persia, fíxoos retirar por medio do tesoureiro Mitrídates, que o contou todo diante de Xexbasar, príncipe de Xudá.
9
Velaquí as contas: trinta copas de ouro, mil copas de prata, vinte e nove coitelos,
10
trinta copas de prata; copas de prata de segunda orde: catrocentas dez; outros obxectos: mil.
11
Total de obxectos de ouro e de prata: cinco mil catrocentos. Xexbasar levouno todo consigo cando os deportados subiron de Babilonia a Xerusalén.
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 2 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10