bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Ezra 8
Ezra 8
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 7
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 9 →
1
Lista dos cabezas de familia, coas súas xenealoxías, que subiron canda min desde Babilonia, durante o reinado do rei Artaxerxes;
2
fillos de Pinhás: Guerxom; dos fillos de Itamar: Daniel; dos fillos de David: Hatux,
3
dos fillos de Xecanías; dos fillos de Parox: Zacarías cos que foron rexistrados cento cincuenta homes;
4
dos fillos de Pahat—Moab: Elioenai, fillo de Zerahías e, con el, douscentos homes;
5
dos fillos de Xecanías, fillos de Iahaziel e, con el, trescentos homes;
6
e dos fillos de Adín: Ebed fillo de Ionatán e, con el, cincuenta homes;
7
e dos fillos de Elam: Isaías fillo de Atalías, con el, setenta homes;
8
e dos fillos de Xefatías: Zebadías fillo de Micael e, con el, oitenta homes;
9
dos fillos de Ioab: Abdías, fillo de Iehiel e, con el, douscentos dezaoito homes;
10
e dos fillos de Xelomit, fillo de Iosifías e, con el, cento sesenta homes;
11
e dos fillos de Bebai: Zacarías fillo de Bebai e, con el vinte e oito homes;
12
e dos fillos de Azgad: Iohanán fillo de Catán e, con el, cento dez homes;
13
e dos fillos de Adonicam: os derradeiros, con estes nomes: Elifélet, Iehiel e Xemaías e, con eles, sesenta homes;
14
e dos fillos de Bigbai: Utai e Zabud e, con el, setenta homes.
15
Reuninos onda o río que vai morrer no Ahavá e acampamos alí tres días. Entón deime conta de que había leigos e sacerdotes, pero non había ningún levita.
16
Mandei, pois, ós xefes Eliezer, Ariel, Xemaías, Elnatán e Iarib, Elnatán, Natán, Zacarías, Mexulam, e tamén ós instructores Ioiarib e Elnatán,
17
coa orde de iren onda Idó, xefe da localidade de Casifiá; e puxen na súa boca as palabras que tiñan que dicir a Idó e ós seus irmáns os servidores na localidade de Casifiá, co fin de que nos trouxesen servidores para a casa do noso Deus.
18
Como a boa man do noso Deus estaba sobre nós, mandáronnos un home asisado, un dos fillos de Mahli, fillo de Leví, fillo de Israel, é dicir, a Xerebías, cos seus fillos e irmáns, en total dezaoito,
19
e tamén a Haxabías e con el Isaías, un dos fillos de Merarí, cos seus irmáns e seus fillos, en total vinte homes;
20
e entre os servidores que David e os xefes deran para o servizo dos levitas, douscentos vinte servidores, todos designados polos seus nomes.
21
Proclamei alí, onda o río Ahavá, un xaxún, a fin de nos aflixirmos diante do noso Deus e buscar o seu favor e termos unha feliz viaxe, nós e os nosos nenos e bagaxes.
22
Pois non ousabamos pedirlle ó rei infantes e xinetes que nos protexesen dos nosos inimigos durante a marcha, despois de que lle dixemos: —"O noso Deus protexe ós que o serven, mentres que o seu furor e cólera volven contra os que o abandonan".
23
Xexuamos, pois, pedindo este favor ó noso Deus, e el escoitounos benignamente.
24
Despois disto escollín doce xefes de entre os sacerdotes con Xerebías, Haxabías e dez dos seus irmáns con eles.
25
Pesei diante deles a prata, o ouro e os obxectos que o rei, os seus conselleiros e os israelitas residentes alí entregaran como ofrenda ó templo do noso Deus.
26
Xa pesados, puxen nas súas mans seiscentos cincuenta talentos de prata, obxectos de prata equivalentes a cen talentos, outros cen talentos de ouro,
27
vinte copas de ouro por mil dáricos, dous obxectos de bronce brillante, fermosísimos, preciosos coma o ouro.
28
Despois díxenlles: —"Vós estades consagrados ó Señor, eses obxectos están consagrados e a prata e ouro son unha ofrenda voluntaria ó Señor, o Deus dos nosos pais;
29
gardádeo todo moi ben ata que o pesedes diante dos xefes de familia de Israel, en Xerusalén nas habitacións da casa do Señor".
30
Entón os sacerdotes e os levitas tomaron ó seu cargo a prata, o ouro e os obxectos pesados para levalos a Xerusalén á casa do noso Deus.
31
Saímos de onda o río Ahavá o doce do primeiro mes para irmos a Xerusalén. A man do noso Deus estaba sobre nós e, no camiño, arrincounos das mans do inimigo e dos salteadores en emboscada.
32
Chegamos a Xerusalén e repousamos alí tres días.
33
No cuarto día pesamos a prata, o ouro e os obxectos na casa do noso Deus, entre as mans do sacerdote Meremot fillo de Urías, de Elazar fillo de Pinhás, que estaba con el, e xunto con eles os levitas Iozabad fillo de Iexúa e Noadías fillo de Binui.
34
Número e peso, todo estaba alí, e o total do peso foi consignado por escrito. Nese mesmo tempo,
35
os que chegaron da catividade, os deportados, ofreceron en holocausto ó Deus de Israel doce touros por todo Israel, noventa e seis carneiros, setenta e sete años, doce machos cabrúns polo pecado: todo en holocausto ó Señor.
36
Despois transmitiron as ordes do rei ós sátrapas e ós gobernadores de Transeufratina, que sostiveron o pobo e a casa de Deus.
← Chapter 7
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 9 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10