bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Ezra 7
Ezra 7
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 6
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 8 →
1
Despois destes acontecementos, baixo o reinado do rei de Persia Artaxerxes, Esdras, fillo de Seraías, fillo de Azarías, fillo de Hilquías,
2
fillo de Xalum, fillo de Sadoc, fillo de Ahitub,
3
fillo de Amarías, fillo de Azarías, fillo de Meracot,
4
fillo de Zerahías, fillo de Uzí, fillo de Buquí,
5
fillo de Abixúa, fillo de Pinhás, fillo de Elazar, fillo de Aharón o sumo sacerdote —
6
este Esdras— subiu de Babilonia. Tratábase dun escriba experto na Lei de Moisés, dada polo Señor, Deus de Israel. O rei deulle todo canto tiña pedido, pois a man do Señor o seu Deus estaba con el.
7
Entre os fillos de Israel e os sacerdotes, os levitas, os cantores, os porteiros e os servos, algúns subiron a Xerusalén, no sétimo ano do rei Artaxerxes;
8
chegou, pois, a Xerusalén o quinto mes; era o sétimo ano do rei.
9
En efecto, o primeiro día do quinto mes chegou a Xerusalén, pois a boa man de Deus estaba sobre el.
10
Esdras, en efecto, entregárase de cheo a buscar a Lei do Señor, a poñela en práctica e a ensinar a Israel os mandamentos e costumes.
11
Velaquí a copia da acta oficial que o rei Artaxerxes entregou a Esdras, o sacerdote escriba, escribán das palabras ordenadas polo Señor e das súas leis a Israel:
12
—"Artaxerxes, rei de reis, a Esdras, sacerdote e escriba da Lei do Deus dos ceos, saúde, etc.
13
Velaquí a miña orde: Todo aquel do pobo de Israel que vive no meu reino, sexa sacerdote ou levita, e quere ir canda ti a Xerusalén, pode facelo libremente.
14
Pois ti es o enviado polo rei e polos seus sete conselleiros, para observares como se practica en Xudá e Xerusalén a Lei de Deus, esa lei que ti tes na man;
15
tamén para levares a prata e o ouro das ofrendas voluntarias do rei e dos seus conselleiros ó Deus de Israel, o que ten o templo en Xerusalén,
16
e canta prata e ouro poidas xuntar en toda a provincia de Babilonia coas ofrendas voluntarias que o pobo e os sacerdotes aporten para a casa do seu Deus en Xerusalén.
17
Así pois, con eses cartos coidaraste de mercar touros, carneiros, años e canto faga falta para as súas ofrendas e libacións; presentaralas sobre o altar da casa do voso Deus en Xerusalén.
18
E o que conveña facer, segundo o teu parecer e o dos teus irmáns, co resto da prata e do ouro, farédelo de acordo coa vontade do voso Deus.
19
Os obxectos que che serán dados para o servizo da casa do Señor, deposítaos diante do Deus de Xerusalén.
20
O resto do que fai falta para a casa do teu Deus e que te incumbe asegurar, incluiralo na conta da tesourería do rei.
21
Eu, o rei Artexerxes, eu dou a orde a todos os tesoureiros de Transeufratina para que fagan exactamente todo canto vos pida o sacerdote Esdras, escriba da Lei do Deus de Israel,
22
Ata a cantidade de cen talentos de prata, cen cargas de trigo, cen pipas de viño e cen de aceite, e canto sal queira.
23
Fágase puntualmente canto ordene o Deus dos ceos referente ó seu templo, co fin de que a súa cólera non se excite contra o imperio do rei e contra os seus fillos.
24
Facémosvos saber, ademais, que todos os sacerdotes, levitas, cantores, porteiros e servos e servidores de Deus, quedan eximidos de pagar impostos ou dereito de peaxe.
25
En canto a ti, Esdras, coa sabedoría do teu Deus, que é o que te dirixe, nomea xuíces, maxistrados que fagan xustiza a todo o pobo de Transeufratina, a todos cantos coñecen as leis do teu Deus —e farédesllelas coñecer ós que as ignoran.
26
A quen non cumpra a Lei do teu Deus e a lei do rei con exactitude, aplicaráselle a sentencia: ou de morte, ou de desterro, ou pagar unha multa, ou o cárcere".
27
Loado sexa o Señor, o Deus dos nosos pais que puxo no corazón do rei a vontade de honrar deste xeito a casa do Señor, en Xerusalén.
28
E granxeoume, o mesmo, o seu favor e o dos seus conselleiros e máis altos ministros. Cheo, polo tanto, de seguridade, —pois a man do Señor meu Deus estaba sobre min—, xuntei algúns xefes de Israel para que saísen canda min.
← Chapter 6
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 8 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10