bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Ezra 10
Ezra 10
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 9
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
1
Mentres Esdras, chorando e prostrado diante do templo de Deus, rezaba e facía esta confesión, unha multitude moi grande de israelitas —homes, mulleres e nenos— foise xuntando a el, chorando sen parar.
2
Entón Xecanías fillo de Iehiel, un dos fillos de Elam, tomou a palabra e díxolle a Esdras: —"Fomos infieis ó noso Deus, tomando mulleres estranxeiras dos pobos pagáns. Mais isto aínda pode ter remedio para Israel:
3
fagamos agora unha alianza co noso Deus, comprometéndonos a despedir as mulleres estranxeiras xunto cos fillos que delas tivemos, de acordo co que o señor di e segundo o consello de todos os que temen o mandato do noso Deus. Que se faga segundo a Lei.
4
Ponte en pé, que isto é cousa túa; nós estamos ó teu lado. Animo e mans á obra".
5
Entón Esdras levantouse e fixo xurar ós xefes dos sacerdotes, dos levitas e de todo Israel, que se faría como dixese. E xurárono.
6
Entón Esdras levantouse de onde estaba, cara á casa de Deus, e dirixiuse ó apousento de Iehohanán fillo de Eliaxib. Unha vez chegado, non comeu nin bebeu nada, en sinal de dó, magoado pola infidelidade dos deportados.
7
Fixo publicar unha proclama en Xudá e Xerusalén, a fin de que todos os deportados se xuntasen en Xerusalén.
8
O que non acudise no prazo de tres días, tempo establecido polas autoridades e senadores, seríanlle confiscados os bens e el excluído da comunidade dos repatriados.
9
Entón todos os homes de Xudá e de Benxamín xuntáronse en Xerusalén o terceiro día; era o vinte do noveno mes. Todo o pobo ficaba na praza do templo, tremendo por culpa dese asunto e pola moita chuvia.
10
O sacerdote Esdras levantouse e díxolles: —"Fixestes moi mal casando con mulleres estranxeiras, crecendo por ese camiño a culpabilidade de Israel.
11
Agora, pois, confesádevos ó Señor, o Deus dos vosos pais, e facede a súa vontade: afastádevos dos pobos pagáns e das mulleres estranxeiras".
12
Toda a asemblea respondeu con forte voz: —"É verdade. Débese facer coma ti dis.
13
Pero o pobo é numeroso e estamos na estación das chuvias. Non se pode seguir fóra. Ademais, non é cousa dun día nin de dous, pois somos moitos os que quebrantamos ese mandamento.
14
Que os nosos xefes volvan aquí no nome de toda a asemblea e que todos cantos nas nosas vilas tomaron mulleres estranxeiras veñan no tempo fixado cos anciáns de cada vila xunto cos seus xuíces, ata que a cólera do noso Deus, acesa por este motivo, se aparte de nós".
15
Non obstante, Ionatán fillo de Asahel e Iahzías fillo de Ticrah opuxéronse, apoiados por Mexulam e polo levita Xabtai.
16
Mais os deportados fixeron como se lles dixera. O sacerdote Esdras escolleu a algúns dos cabezas de familia, segundo as súas liñaxes, designándoos polos seus nomes.
17
E o un do primeiro mes remataron o asunto de todos os homes que casaran con estranxeiras.
18
Entre os fillos dos sacerdotes que tomaran mulleres estranxeiras, atopáronse: Entre os fillos de Xosué fillo de Iosadac e seus irmáns: Maseías, Eliézer, Iarib e Guedalías;
19
comprometéronse a despedir as súas mulleres e ofrecer un carneiro para repararen a ofensa;
20
entre os fillos de Imer: Henaní e Zabadías;
21
entre os fillos de Harim: Maseías, Elías, Xemaías, Iehiel e Ozías;
22
entre os fillos de Paxhur: Elioenai, Ismael, Netanel, Iozabad e Eleasah.
23
Entre os levitas: Iozabad, Ximí, Quelaías —o quelita—, Petahías, Yehudah e Eliézer.
24
Entre os cantores: Eliaxib. Entre os porteiros: Xalum, Télem e Urí.
25
Referente ós israelitas: entre os fillos de Parox: Ramíah, Izías, Malaquías, Miiamín, Elazar, Malaquías e Benaías.
26
Entre os fillos de Elam: Matanías, Zacarías, Iehiel, Abdi, Ieremot e Elías;
27
entre os fillos de Zatú: Elioenai, Eliaxib, Matanías, Ieremot, Zabad e Azizá;
28
entre os fillos de Bebai: Iehohanán, Hananías, Zabai, Atlai;
29
entre os fillos de Baní: Mexulam, Maluc, Adaías, Iaxub, Xeal, Ieremot;
30
entre os fillos de Pahat—Moab: Adná, Kelal, Benaías, Maseías, Matanías, Besalel, Binuí, Menaxés;
31
entre os fillos de Harim: Eliézer, Ixías, Malaquías, Xemaías, Simeón,
32
Benxamín, Maluc, Memarías;
33
entre os fillos de Haxum: Matenai, Matatah, Zabad, Elifélet, Ieremai, Menaxés, Ximí;
34
entre os fillos de Baní: Madai, Amram, Uel,
35
Benaías, Bedía, Keluí,
36
Vanías, Meremot, Eliaxib,
37
Matanías, Matenai e Iasai;
38
Baní e Binui, Ximí,
39
Xelemías, Natán, Adaías,
40
Macnadbai, Xaxai, Xarai,
41
Azarel, Xelemías, Xemaría,
42
Xalum, Amarías, Xosé;
43
entre os fillos de Nebó: Iehiel, Matatías, Zabad, Zebiná, Iadai, Ioel, Benaías.
44
Todos eses tomaran mulleres estranxeiras; e mesmo entre eles había mulleres das que xa tiveran fillos.
← Chapter 9
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10