bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Ezra 4
Ezra 4
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 5 →
1
Cando os inimigos de Xudá e de Benxamín souberon que os deportados edificaban un templo ó Señor, o Deus de Israel,
2
chegáronse a Zerubabel e ós cabezas de familia e dixéronlles: —"Nós tamén queremos traballar convosco. Pois, o mesmo ca vós, buscamos a Deus, o voso, e ofrecémoslle sacrificios, desde o tempo de Asarhadón, rei de Asur, que nos fixo subir aquí".
3
Pero Zerubabel, Xosué e o resto dos xefes de familia de Israel dixéronlles: —"Non edificaremos xuntos, nós e vós, unha casa ó noso Deus. Somos nosoutros sós os que construímos para o Señor, o Deus de Israel, como nolo ordenou o rei Ciro, o rei de Persia".
4
Entón os colonos estranxeiros empezaron a desmoralizar ós xudeus e a intimidalos para que deixasen de construír.
5
Co fin de levar adiante os seus planos, pagaron conselleiros que os fixesen fracasar no intento, durante todo o tempo de Ciro, rei de Persia, ata o reinado de Darío, rei de Persia.
6
Baixo o reinado de Xerxes, ó comezo do seu reinado, escribiron unha acusación contra os habitantes de Xudá e de Xerusalén.
7
No tempo de Artaxerxes, Bixlam, Mitredat, Tabeel e os outros colegas seus escribiron a Artaxerxes, rei de Persia; o texto da carta estaba escrito en caracteres arameos e na lingua aramea.
8
O gobernador Rehum e o secretario Ximxai escribiron ó rei Artaxerxes a seguinte carta relativa ó que estaba ocorrendo en Xerusalén:
9
—"O gobernador Rehúm, o secretario Ximxai, os seus colegas restantes, as xentes de Din, de Afarsatcai, de Tarpelai, de Afaresai, de Arcav de Babilonia, de Xuxán, de Dehav, de Elam
10
e os demais pobos que o grande e ilustre Asenapar deportou e fixo residir na cidade de Samaría e no resto do país, en Transeufratina, etc."
11
Velaquí a copia da carta que eles lle enviaron: —"O rei Artaxerxes, os teus servidores, xentes de Transeufratina, etc.
12
Debemos facer saber ó rei que os xudeus subidos desa túa rexión para viren onda nós a Xerusalén reconstrúen a cidade rebelde e malvada; van levantar os muros e xa poñen os alicerces.
13
E o rei debe saber que, se reconstrúen esta cidade e levantan as súas murallas, xa non pagarán máis tributos, tanto de impostos como de peaxe, sendo ó cabo, o rei o prexudicado.
14
Como a nosa soldada vén da coroa, non podemos tolerar tal inxuria á súa maxestade e comunicámoslle o que pasa.
15
Que repasen os anais dos teus predecesores. No libro das memorias atoparás e verás como esta cidade é moi rebelde, a causante de mil reveses ós reis e ás provincias, e na que se fomentan revoltas desde os tempos antigos. Por isto precisamente foi demolida.
16
Facemos saber ó rei que se esta cidade é reconstruída e se os seus muros son de novo levantados, podes dar por perdidos os territorios da outra banda do río".
17
O rei envioulles esta resposta: —"O gobernador Rehúm, ó secretario Ximxai e ós seus demais colegas que habitan en Samaría e no resto dos territorios da outra banda do río, paz, etc.
18
A acta oficial que me mandastes foi lida de maneira clara na miña presenza.
19
Dei a orde de que estudasen o caso e, en efecto, esa cidade rebelouse desde antigo contra os reis, e nela se deron revoltas e sedicións.
20
Houbo en Xerusalén reis poderosos que someteron todo o territorio da outra banda do río. Había que lles pagar tributos do imposto e peaxe.
21
Agora, pois, dádelles a orde de que deixen o traballo. Que esa cidade non se siga construíndo mentres non o ordene eu.
22
Pobres de vós se neste asunto obrades con neglixencia, dado o perigo de que creza o mal en prexuízo do rei".
23
Lida esta copia da acta oficial do rei Artaxerxes na presenza de Rehúm, do secretario Ximxai e dos seus colegas, déronse présa en iren a Xerusalén onda os xudeus para facerlles deter a obra pola forza e a violencia.
24
Entón, en Xerusalén, o traballo da casa de Deus cesou, e as obras estiveron detidas ata o segundo ano do reinado de Darío, rei de Persia.
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 5 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10