bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Micah 2
Micah 2
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 3 →
1
Ai dos que maquinan iniquidade e obras de ruindade nos seus leitos! Coa luz da alba póñenas por obra, pois están no poder das súas mans.
2
Cobizan campos e róubanos; e tamén casas, e levántanse con elas. Oprime ó home e mais a súa familia, a unha persoa e mais a súa herdanza.
3
Por isto, así fala o Señor: "Velaí: matino contra esta xeración unha desgraza, e non poderedes apartar os vosos pescozos, nin poderedes camiñar dereitos, pois será a hora da desgraza.
4
O día aquel entoarase contra vós unha sátira, cantarase unha elexía xa está feita e dirase: Róubannos completamente, levarán o quiñón do meu pobo. Como se aparta de min! Como fai o invasor as partillas dos nosos campos!"
5
Por isto non teredes na asemblea do Señor, quen bote o cordel sobre a porción.
6
"Non embelequedes os pasmóns. (Eles son os que embelecan os pasmóns!). Non embelequedes os pasmóns con estas cousas. A ofensa cesará.
7
Ese oráculo é para a casa de Xacob? Esgotouse o poderoso Espírito do Señor? Son estes os seus feitos? Acaso non lle prestan ben as súas palabras a quen se comporta rectamente?"
8
"Pero, vós non sodes o meu pobo, xa que vos erguedes coma inimigos. A quen consente en deixar o manto ordinario, arrebatádeslle o vestido precioso. Os que pasan confiados, facédelos volver á guerra.
9
As mulleres do meu pobo botádelas das súas casas. Arrebatades para sempre ós meniños do meu pobo a gloriosa liberdade que eu lles dou.
10
Levantádevos e marchade, que isto non está para descansos! Pola falta de pureza.
11
Pois se alguén andase embelecando con vento e mentira, eu faría que un, movido polo viño e polo licor, embelecase os pasmóns: el sería o profeta que embelecase a este pobo.
12
Reunirei a Xacob, a ti enteiro, recollerei o resto de Israel. Xuntareinos coma as ovellas no curral, coma rabaño no seu pasteiro, e non terán medo de ninguén.
13
O que abre camiño sobe diante deles, abrirán, pasarán pola porta e sairán. O seu rei pasará diante deles. O Señor, á cabeza!"
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 3 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7