bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Micah 5
Micah 5
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 6 →
1
E ti, Belén de Efratah, tan pequeniña entre as familias de Xudá, de ti vai saír un que será o soberano de Israel; a súa orixe é desde antigo, desde os días do comezo.
2
El seranos conservado para sempre, mentres haxa muller que dea a luz; o resto dos seus irmáns volverá, e serán devoltos os fillos de Israel.
3
Manterase firme e pastoreará co poder do Señor, coa gloria do nome do Señor, o seu Deus, e cando se instalen ata o mesmo cabo da terra, estenderá a súa grandeza:
4
"o da Paz" será o seu nome. Asiria, entrará, así, na nosa terra e penetrará no país, pero de entre nós faremos xurdir contra ela sete pastores e oito xefes,
5
que pastorearán a terra de Asiria coa espada e o país de Nimrod coa lanza. Si, eles liberarán a esa Asiria, que entrará na nosa terra, e penetrará nas nosas lindes.
6
Estará o resto de Xacob no medio das nacións numerosas, coma a rosada que vén de parte do Señor, coma a chuvia forte sobre a herba. Certo que El non confía no home nin espera nada dos humanos.
7
Estará o resto de Xacob entre os pobos, e no medio de nacións numerosas, coma o león entre as feras salvaxes, coma o cachorro do león entre as reses dun rabaño; se entra, atrapa e esgaza, non hai quen salve.
8
Ergue a túa man contra os teus adversarios, que desaparezan todos os teus inimigos.
9
Velaí o que sucederá no día aquel —é o Señor quen fala—: farei desaparecer os teus cabalos e vou destruír os teus carros.
10
Farei arrasar as cidades do teu país, e derrubar as túas fortificacións;
11
tamén farei desaparecer os teus bruxos, xa non terás máis adiviños.
12
Si, esnaquizarei os teus ídolos, e as túas imaxes simbólicas, de xeito que non volvas prostrarte ante o feitío das túas mans.
13
Si, aniquilarei do medio de ti os símbolos da túa Axerah, e desfarei as túas imaxes espidas.
14
Con ira e furor cobrarei a vinganza contra os pobos que non obedezan.
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 6 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7