bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Micah 6
Micah 6
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 5
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 7 →
1
Escoitade, pois, o que di o Señor: "De pé! Convoca os montes a litixio, e que os outeiros escoiten a túa voz".
2
Escoitade, montes, o litixio do Señor, escoitade a súa fidelidade, fundamentos da terra, pois o Señor ten un litixio co seu pobo, entra en disputa con Israel.
3
"Meu pobo, que che fixen?, en que te quebrantei? Respóndeme!
4
Si, fíxente subir do país de Exipto, e rescateite da escravitude, e mandei á túa fronte a Moisés, a Aharón e a Miriam.
5
Meu pobo, lémbrate do que maquinaba Balac, rei de Moab, e do que desde Xitim ata Guilgal lle respondeu Balaam, fillo de Beor, para que recoñezas a fidelidade do Señor".
6
Con que me presentarei diante do Señor? Con que me prostrarei ante o Deus Altísimo? Presentareime diante del con holocaustos? Con becerros, crías dun ano?
7
Compracerase o Señor en miles de carneiros, en millares de regueiros de graxa? Deberei darlle o primoxénito en expiación polo meu delito?
8
"Home, xa se che explicou, que é o bo, que é o que o Señor pide de ti: practicar a xustiza, amar a fidelidade e comportarte humildemente co teu Deus".
9
A voz do Señor bérralle á cidade: "Deste xeito verás o triunfo". Escoitade, tribo e asemblea da cidade:
10
"Podo eu soportar o canado tramposo, tesouros inxustos e tega escasa e maldita?
11
Podo eu declarar lexítimas as balanzas inxustas e o saco con pesas falsas?
12
Si, os ricos das cidades están cheos de violencia, os seus habitantes falan mentiras e a súa lingua é falsa na súa boca.
13
Velaí, tamén eu empecei a bater en ti, a volverte unha desolación por culpa dos teus pecados.
14
Ti comerás e non te fartarás: a túa ruína está no teu ventre. Gardarás algo, pero non o salvarás, e o que salves eu entregareino á espada.
15
Sementarás, pero non recollerás. Pisarás as olivas, pero non te perfumarás co aceite; pisarás as uvas, pero non beberás o viño.
16
Si, obrigóusevos a cumprir os decretos de Omrí, e todos os feitos da casa de Acab, e comportástesvos conforme as súas ordes. Por iso eu convertereivos nun horror; e ós habitantes da cidade, nunha burla. Teredes que aturar o escarnecemento dos pobos".
← Chapter 5
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 7 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7