bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Micah 3
Micah 3
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 4 →
1
Entón, eu dixen: "Escoitade, xefes de Xacob; vós, dirixentes da casa de Israel: Non é cousa vosa o coñecer o dereito?
2
Vós, que odiades o ben e amades o mal? Vós, que lles arrincades a pel, e tirades a carne dos seus ósos?
3
Si, certo, comen a carne do meu pobo, e arríncanlles a súa pel. Rómpenlles en anacos os ósos, para os poñer coma a carne no pote, coma vianda no medio da cazola.
4
Entón clamarán ó Señor, pero non lles responderá; ocultaralles o seu rostro naquela hora, xa que cometeron crimes cos seus feitos".
5
Así fala o Señor contra os profetas que desorientan o meu pobo, que claman: "paz", se morden algo cos dentes; pero proclaman guerra santa contra quen non lles pon algo na boca.
6
"Por isto, teredes noite en vez de visión, teredes que estar ás escuras en vez de adiviñar; o sol porase para estes profetas e o día volverase escuro sobre eles.
7
Os que teñen visións avergonzaranse, e os adiviños encheranse de vergonza. Todos eles taparán o bigote, pois Deus non lles dá ningunha resposta".
8
Pero eu grazas ó espírito do Señor estou cheo de forza, de sentencias de xuízo e de coraxe, para lle facer coñecer a Xacob a súa rebeldía, e a Israel o seu pecado.
9
Escoitade, pois, isto, xefes de Xacob e dirixentes da casa de Israel, que volvedes abominable a sentencia xudicial, e facedes torto todo o que é dereito.
10
"Construídes Sión co sangue vertido e Xerusalén con perversidades.
11
Os seus xefes emiten veredictos conforme ós regalos, os seus sacerdotes dan a lei por un prezo, e os seus profetas adiviñan por diñeiro, e ademais apóianse no Señor, dicindo: Non está o Señor no medio de nós? Ningunha desgraza nos acontecerá.
12
Por isto, por culpa vosa, Sión será arado coma un campo, Xerusalén converterase en ruínas, e a montaña do templo un conxunto de outeiros a monte".
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 4 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7