bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Micah 7
Micah 7
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 6
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
1
Ai de min! Pois veño ser coma os que fan a colleita do verán, coma as mulleres que rebuscan na vendima; non hai nin un acio para comer, nin figo temperán que satisfaga o meu gusto.
2
Desapareceu do país o home piadoso, non hai na superficie da terra home recto, todos eles axexan para verter sangue, cada un caza con rede a seu irmán.
3
As súas mans están adestradas para o mal: o príncipe asoballa, o xuíz extorsiona por diñeiro, e o grande fala a palabra do seu propio apetito,
4
por el a súa bondade dóbrase coma un espiño, a súa rectitude, máis ca unha silveira. O día das sentinelas, o día da túa inspección, xa chegou: Agora será a desolación:
5
Vós non confiedes no compañeiro, non vos fiedes do amigo; garda ben as portas da túa boca mesmo da que se deita no teu seo.
6
Porque o fillo deshonra ó pai, e a filla levántase contra súa nai, a nora contra a súa sogra; os inimigos serán os da propia casa.
7
Pero eu mirarei atentamente para o Señor, esperarei no Deus da miña salvación, e o meu Deus escoitarame.
8
Non te rías de min, inimiga miña. Se estou caído, levantareime. Se habito na tebra, o Señor servirame de luz.
9
Soporto a ira do Señor, xa que pequei contra El: ata que xulgue a miña causa e execute a miña sentencia. El sacarame á luz, para que vexa eu a súa salvación.
10
Veralo, inimiga miña, e cubriraste de vergonza, ti que me dis: "Onde está o Señor, o teu Deus?" Os meus ollos gozarán contemplándote: de seguida vas ser pisada coma a lama das rúas...
11
Chega o día de reconstruír a túa muralla, ese día alongarase a túa fronteira.
12
O día aquel mesmo desde Asiria e Tiro virán onda ti, e desde Tiro ata o Éufrates, desde un mar ó outro mar, desde unha montaña á outra montaña.
13
E a súa capital volverase unha desolación por culpa dos seus xefes polo froito das súas obras.
14
Pastorea ó teu pobo co teu caxato, o rabaño da túa herdanza, que vive solitario na foresta, no medio dunha fértil camposa. Que pazan en Baxán e Galaad, coma nos días doutros tempos.
15
Coma nos días da túa saída de Exipto, fainos ver marabillas.
16
Que os pobos o vexan e se avergoncen, a pesar de toda a súa forza, que poñan a man na boca, e que os seus oídos enxordezan.
17
Que lamban o po coma a cobra, coma os que se arrastran pola terra; que saian tremendo dos seus buratos onda o Señor, noso Deus, que estarrezan e che teñan medo a ti.
18
Que Deus hai coma ti, que quita a iniquidade, e lle pasa por alto o pecado ó resto da súa herdanza, que non se obstina para sempre na ira, senón que lle ten amor á misericordia?
19
Cambiará de actitude, terá compaixón de nós, esmagará as nosas iniquidades. Si, ti botarás no fondo do mar todos os nosos pecados!
20
Dálle a Xacob probas de fidelidade, a Abraham probas de amor: así llelo xuraches ós nosos pais desde os tempos antigos.
← Chapter 6
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7