bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Hebrews 1
Hebrews 1
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 2 →
1
En moitas ocasións e de moitos xeitos veulles falando Deus en tempos pasados ós nosos devanceiros por medio dos profetas.
2
Agora, neste período definitivo, falounos por medio dun que lle é Fillo, a quen fixo herdeiro de todo, pois xa creara por medio del o mundo e as idades.
3
El é reflexo da súa gloria e imaxe do seu ser, El sostén todas as cousas coa súa poderosa palabra e, despois de realizar a purificación dos pecados, sentouse á destra da Maxestade nas alturas,
4
facéndose tanto máis poderoso cós anxos, canto que herdou un título máis valioso có deles.
5
Porque a cal dos anxos lle dixo algunha vez: "Ti es o meu fillo, hoxe xereite eu"; ou tamén: "Eu serei para El un pai e El será para min un Fillo?".
6
E outra vez máis, cando fala de introducir o Fillo primoxénito no mundo celeste, di: "Adóreno todos os anxos de Deus".
7
E, por outra parte, dos anxos di: "O que fai dos seus anxos ventos, e dos seus ministros, chispas".
8
Do Fillo, en troques: "O teu trono, meu Deus, permanece para sempre" e tamén: "Cetro de rectitude é o teu cetro de Rei.
9
Amaches a xustiza e aborreciches a iniquidade; por iso Deus, o teu Deus, preferiute ós teus compañeiros, unxíndote con perfumes de festa".
10
E outra vez di así: "Ti, Señor, nos comezos cimentaches a terra, feitura das túas mans é o ceo,
11
todo iso perecerá, pero ti permaneces: todo se volverá vello coma un vestido,
12
daraslle a volta, coma se fose unha capa, e cambiarase coma se fose un vestido. Pero Ti es sempre o mesmo, os teus anos non acabarán".
13
E, a cal dos anxos lle dixo algunha vez: "Senta á miña dereita, ata que Eu faga dos teus inimigos un estrado para os teus pés"?
14
Que outra cousa son todos eles, se non espíritos que están ó servizo del, para que os mande en axuda dos que han herdar a salvación?
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 2 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13