bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Hebrews 5
Hebrews 5
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 6 →
1
Pois todo Sumo Sacerdote escóllese sempre entre os homes e se constitúe Sumo Sacerdote para o ben dos homes nas súas relacións con Deus, a fin de que ofreza oblacións e sacrificios polos pecados.
2
É capaz de tratar con indulxencia os ignorantes e os descamiñados, porque tamén el está rodeado de fraquezas.
3
Por mor destas fraquezas ten que ofrecer sacrificios polos pecados, tanto polos pecados do pobo coma polos seus propios pecados.
4
Ora, ninguén pode coller en por si este honor, senón que hai que ser chamado por Deus, como foi chamado Aharón.
5
Do mesmo xeito, tampouco Cristo non procurou a súa gloria facéndose Sumo Sacerdote, senón que lla procurou o que lle dixo: "Ti es o meu Fillo, hoxe xereite Eu".
6
Entendido conforme o que di noutro sitio: "Ti es sacerdote para sempre, á maneira de Melquisedec".
7
El, nos días da súa vida mortal, a fortes gritos e con bágoas, presentou oracións e súplicas a quen o podía salvar da morte e Deus escoitouno por mor da súa submisión.
8
Aínda que era Fillo, aprendeu sufrindo o que é obedecer;
9
e, consumada deste xeito a súa consagración sacerdotal, converteuse en causa de salvación eterna, para todos os que lle obedecen,
10
ó mesmo tempo que Deus o proclamou Sacerdote á maneira de Melquisedec.
11
Disto aínda temos que dicirvos moito e é difícil facérvolo comprender, porque vos volvestes nugalláns para escoitardes.
12
E iso que polo tempo que levades, xa tiñades que ser mestres, pero aínda necesitades que alguén vos ensine os primeiros rudimentos dos oráculos de Deus; volvedes precisar leite e non mantenza sólida.
13
Pois todo aquel que "está a leite", descoñece as razóns da esperanza cristiá, porque é un meniño;
14
en troques, a mantenza sólida é para xente grande, que ten o sentido xa afeito polo costume e é capaz de distinguir o bo do malo.
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 6 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13