bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Hebrews 8
Hebrews 8
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 7
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 9 →
1
Isto é o máis importante de todo o que imos dicindo: que temos un Sumo Sacerdote de tal categoría que tomou posesión do seu trono no ceo á dereita do trono da Maxestade,
2
ó mesmo tempo que oficiou coma sacerdote no santuario e na tenda verdadeira, que erixiu o Señor, non un home.
3
Xa que todo Sumo Sacerdote se constitúe para ofrecer dons e sacrificios; por iso cumpría que el tivese algo que poder ofrecer.
4
Pois se a súa ofrenda fose terreal, nin sequera el sería sacerdote, habendo como hai os que lexitimamente ofrendan dons.
5
Aínda que estes dan culto a un asomo, a unha sombra das realidades celestes, conforme ó que se lle revelou a Moisés cando estaba para construír a tenda — santuario: "Olla que has de facer todo, segundo o exemplo que se che mostrou no monte".
6
Pero, de feito, ó noso Sumo Sacerdote tocoulle unha liturxia tanto máis importante canto máis poderosa é a alianza da que é mediador, xa que esta alianza está legalmente establecida apoiada en promesas de máis valía.
7
Pois, se aquela primeira alianza fose sen falla, xa non habería lugar para unha segunda.
8
Porque Deus, reprendéndoos, dilles: Vede que virán días —di o Señor— nos que establecerei coa casa de Israel e coa casa de Xudá unha alianza nova;
9
non coma a alianza que fixen con seus pais, cando os collín pola man, para os sacar de Exipto: porque eles non permaneceron fieis á miña alianza, e tamén eu me desentendín deles, di o Señor.
10
Pois esta é a alianza que pactarei coa casa de Israel, cando cheguen aqueles días di o Señor: cando dea as miñas leis, héillelas escribir nos seus corazóns e nas súas mentes. Eu serei para eles o seu Deus e eles serán para min o meu pobo.
11
Xa ninguén terá que ensinar ó seu veciño nin cadaquén ó seu irmán, dicíndolle: "Recoñece ó Señor"; porque hanme coñecer todos eles, desde o máis pequeno ó máis grande,
12
xa que estarei disposto a perdoarlles as súas maldades, e xa non me lembrarei máis dos seus pecados.
13
O chamarlle Deus nova a esta alianza, deixou anticuada a primeira; ora, o anticuado e avellado está próximo a desaparecer.
← Chapter 7
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 9 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13