bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Hebrews 13
Hebrews 13
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 12
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
1
Que o amor e trato de bos irmáns se conserve entre vós.
2
Que non vos esqueza darlles pousada ós forasteiros, xa que, grazas a isto, algúns, sen se decataren, déronlles pousada ós mesmos anxos.
3
Mirade polos que están presos, coma se vós mesmos estivésedes presos con eles; e mirade polos que padecen malos tratos, coma se vós mesmos vivísedes no corpo deles.
4
O matrimonio é merecente de todos os respectos e o leito matrimonial ten que ser inmaculado, xa que Deus ha condenar os desvergonzados e adúlteros.
5
Que o voso comportamento sexa desinteresado: contentádevos co que tedes, que El ten dito: "Non te deixarei nin te desampararei."
6
De xeito que, cheos de confianza, podemos dicir: "Teño no Señor o meu abeiro: por iso non teño medo, total que me vai poder facer un home?"
7
Mirade polos vosos dirixentes, que vos anunciaron a Palabra de Deus; imitade a súa fe; que non vos esqueza de que xeito morreron.
8
Xesús Cristo é o mesmo onte e hoxe e será o mesmo sempre.
9
Por iso, non vos deixedes levar de complicadas e alleas doutrinas, que sempre é preferible que se fortalezan as vosas conviccións coa graza e non con normas sobre comidas, das que non sacaron proveito ningún os que as cumpriron.
10
Nós temos un altar do que non teñen dereito a comer os que dan culto no templo.
11
Porque o mesmo que se queiman fóra do campamento os cadáveres dos animais dos que os sacerdotes levan o sangue dentro do Santuario para faceren a expiación polos pecados,
12
do mesmo xeito tamén Xesús morreu fóra das portas para consagrar o pobo co seu sangue.
13
Saiamos, logo, para fóra do campamento para nos atoparmos con el, levando nós a súa aldraxe.
14
Como non temos aquí cidade que dure, andamos á procura da futura.
15
Por medio de Xesús ofrezamos decote a Deus un sacrificio de loanza, quere dicir, a homenaxe dos beizos que bendín o nome de Deus.
16
E que non vos esqueza mirar uns polo ben dos outros, que eses son os sacrificios que lle agradan a Deus.
17
Facédelles caso e sometédevos ós vosos dirixentes, que eles se desvelan pensando en vós. Xa que teñen que dar contas de vós, que as dean con alegría e non xemendo, que estes xemidos non vos farían ben ningún.
18
Rezade por nós. Estamos convencidos de que temos a conciencia limpa, posto que queremos portarnos decentemente en todo.
19
Pero insisto en que o fagades para que eu volva a estar convosco canto antes.
20
Que o Deus da paz, que por mor do sangue dunha alianza eterna sacou de entre os mortos ó gran Pastor do rabaño, o noso Señor Xesús,
21
vos encha de todo ben, para que cumprades súa vontade. Así El realizará en vós o que lle agrada por medio de Xesús Cristo, a quen sexa a gloria polos séculos. Amén.
22
Pídovos, irmáns, que aguantedes este sermón de conforto, xa que volo mando resumido.
23
Sabede que saíu do cárcere Timoteo, o voso irmán; se chega logo, ireivos ver con el.
24
Dádelles saúdos a todos os vosos directores e a todo o pobo santo. Os de Italia mándanvos saúdos.
25
Que a graza vos acompañe a todos vós.
← Chapter 12
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13