bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Hebrews 2
Hebrews 2
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 3 →
1
Por isto temos que poñer toda a atención ó que un día oímos, non sexa que andemos á deriva.
2
Pois se a Lei ditada por anxos foi valedoira, de xeito que toda transgresión e desobediencia a ela recibiu xusto castigo,
3
de que xeito nós fuxiremos do castigo, se descoidamos salvación de tanta valía? Porque esta salvación tivo principio na predicación do Señor e confirmáronnola despois os que a escoitaron,
4
ó mesmo tempo que Deus acompañaba o seu testemuño con prodixiosos sinais e con milagres de varios xeitos e cos dons do Espírito Santo repartidos conforme a súa vontade.
5
Porque non someteu ós anxos ese futuro mundo celeste do que falamos.
6
Nalgunha parte o testemuña alguén, cando di: "Quen é o home para que te lembres del, ou a raza humana para que mires por ela?
7
Só o rebaixaches un chisco con respecto ós anxos, coroáchelo de gloria e dignidade:
8
todo llo sometiches a el". O dicir que lle someteu todo, non puido deixar nada sen lle someter. Certo que agora aínda non vemos que todo estea sometido ó home;
9
con todo, xa vemos que aquel que "rebaixaron só un chisco con respecto ós anxos", Xesús, por aguantar os padecementos da súa morte, está coroado de gloria e dignidade. Deste xeito, a súa morte foi unha bendición de Deus para todo home.
10
Efectivamente, conviña que Aquel para quen e por quen todo existe, se quería levar moitos fillos á gloria, levase á máxima perfección por medio do sufrimento o que ía ir á cabeza dos que se salvarían;
11
pois o consagrante e os consagrados teñen que ser todos da mesma liñaxe. Por isto non se avergonza de lles chamar irmáns,
12
cando di: "Pregoarei ante os meus irmáns o ben que fixeches, no medio da nosa asemblea heiche de cantar cántigas".
13
E noutro sitio di: "Nel poñerei toda a miña confianza", e aínda máis: "Aquí estamos: eu e mais os fillos que Deus me deu".
14
Por isto, xa que os fillos participan todos da mesma carne e do mesmo sangue, tamén El participou igualmente da carne e do sangue, para que coa súa morte puidese deixar sen forzas o que retiña o poder da morte, isto é, Satán;
15
e deste xeito, librar a cantos por medo á morte pasaban a vida nunha escravitude.
16
Porque está claro que a quen lles vén botar unha man, non é ós anxos, senón ós fillos de Abraham.
17
Por iso tiña que asemellarse ós seus irmáns en todo, para deste xeito poder ser Sumo Sacerdote, que se doia de nós e de quen un se poida fiar nas cousas que se refiren a Deus e así poida expiar os pecados do seu pobo;
18
porque el xa pasou a proba de sufrimento, pode axudar ós que agora se atopan na proba.
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 3 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13