bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Hebrews 11
Hebrews 11
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 10
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 12 →
1
A fe é un anticipo do que se espera, é unha proba convincente das cousas que non se ven.
2
Pois por mor dela Deus testemuñou a favor dos nosos devanceiros.
3
Pola fe sabemos que a palabra de Deus creou o mundo e así o que se ve é resultado do que non se ve.
4
Movido pola fe, Abel ofreceu a Deus un sacrificio mellor có de Caín, e por mor dela deuse fe da súa rectitude; foi Deus quen deu fe dela por mor dos seus dons; e por mor da fe, aínda que xa morto, aínda segue falando.
5
Pola súa fe a Henoc levárono desta vida, para non ter que sufrir a morte: Xa non se atopaba porque o levara Deus. Xa antes de falar do seu traslado déixase testemuño de que Deus estaba moi contento con el.
6
Pero sen fe é imposible que un lle agrade a Deus, pois quen quere achegarse a Deus precisa crer que El existe e que recompensa os que o buscan.
7
Movido pola fe, Noé, en recibindo de Deus ordes sobre cousas que aínda non se ollaban, respectuoso con Deus, construíu unha arca para salvar a súa familia; co seu exemplo de fe condenou a conduta do mundo e fíxose herdeiro da xustiza que dá a fe.
8
Deus chamou por Abraham, e este, movido pola fe, obedeceuno, saíndo para un lugar que había de recibir en posesión, aínda que saíu sen saber onde ía.
9
Movido pola fe, emigrou á terra prometida, como se fose terra allea, habitando en tendas de campaña con Isaac e Xacob, herdeiros da mesma promesa.
10
A verdade é que agardaba aquela cidade con bos cimentos, da que o arquitecto e construtor é Deus.
11
Pola fe e por considerar merecente de fe ó que lle prometera descendencia, el, aínda que estaba fóra da idade axeitada e aínda que a mesma Sara era estéril, recibiu poder para fundar descendencia.
12
Deste xeito dun só e xa caduco para estas cousas naceu un mundo de fillos, coma as estrelas do ceo e coma a area incontable da beira do mar.
13
Coa fe morreron todos estes, sen chegaren a conseguir as promesas pero albiscáronas e saudáronas desde lonxe e confesaron que eles só eran estranxeiros e peregrinos nesta terra.
14
O diciren estas cousas, daban a entender que degoiraban unha patria.
15
Pois se lles acordaba aquela patria de onde saíran, estaban a tempo de se volveren.
16
Pero máis ben suspiraban por outra patria mellor: a celestial. Por iso Deus non se avergonza de que o chamen o seu Deus, xa que lles preparou unha cidade.
17
Pola fe Abraham, posto a proba, ofrendou a Isaac, o que recibira de Deus as promesas,
18
cando se lle dixo: "por Isaac terás descendencia": ofrendou o seu único fillo,
19
pensando que Deus é poderoso, incluso para resucitar de entre os mortos. Por esa fe súa tamén o recobrou coma un misterioso símbolo.
20
Pola fe, e tamén en orde ó futuro, Isaac bendiciu a Xacob e a Esaú.
21
Pola fe Xacob, estando para morrer, bendiciu a cada un dos fillos de Xosé e prostrouse para adorar, arrimado ó puño do seu bastón.
22
Pola fe, Xosé, estando para morrer, lembrouse do éxodo dos fillos de Israel e deu normas sobre os seus restos mortais.
23
Pola fe os pais de Moisés escondérono ao pouco de nacer durante tres meses, vendo que o neno era fermoso e non lle tiveron medo ó decreto do rei.
24
Pola fe Moisés, xa grande, renegou da filla do Faraón que o tomara por fillo
25
e preferiu padecer malos tratos onda o pobo de Deus a poder gozar do pracer pasaxeiro do pecado;
26
deste xeito considerou meirande riqueza as aldraxes de Cristo cós tesouros de Exipto, xa que el ollaba a recompensa.
27
Pola fe abandonou Exipto sen lle ter medo á cólera do rei, xa que se mantivo firme na súa decisión, coma home que vira o Invisible.
28
Pola fe deixou instituída a Pascua e a aspersión co sangue, para que o Exterminador non lles tocase ós seus primoxénitos.
29
Pola fe atravesou o Mar Rubio coma quen pasa por terra enxoita; tentou os exipcios e o mar enguliunos.
30
Pola fe viñéronse abaixo as murallas de Xericó, despois de lles daren voltas arredor por sete días.
31
Pola fe Rahab a prostituta, que acolleu amigablemente os espías, non morreu xunto cos rebeldes.
32
E que máis queredes que diga? Non me chegaría o tempo, se me puxese a falar de Guideón, de Barac, de Sansón, de Iefté, de David, de Samuel e dos profetas.
33
Eles coa fe gañaron reinos, fixeron xustiza, conseguiron promesas, pecháronlles a boca a leóns,
34
Apagaron a furia do lume, escaparon ó fío da espada, repuxéronse de doenzas, foron valentes na guerra e fixeron recuar as filas dos exércitos estranxeiros;
35
houbo mulleres que recobraron resucitados os seus defuntos; outros, polo contrario, morreron a golpes, sen quereren aceptar o rescate, para conseguiren deste xeito unha resurrección de máis valer.
36
Outros tiveron que sufrir humillantes azoutas e cadeas e cárcere.
37
Morreron acantazados, serrados, a golpes de espada, tiveron que camiñar errantes, cubertos con peles de ovella e de cabra, pasando mil necesidades, tribulacións e malos tratos.
38
O mundo non era merecente deles, por iso andaban a rumbo, perdidos por fóra dos lugares, polos montes, polas covas e tobos da terra.
39
Pero todos estes, aínda que pola fe Deus testificou a favor deles, non conseguiron alcanzar a promesa,
40
xa que foi mesmamente en vistas a nós como Deus preparou algo mellor; de xeito que eles non puidesen conseguir a perfección sen nós.
← Chapter 10
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 12 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13