bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Hebrews 4
Hebrews 4
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 5 →
1
Andemos logo, con moito tino, non sexa que, aínda que Deus mantén firme a promesa de entrar no seu acougo, algún de vós corra o risco de chegar tarde.
2
Porque esta promesa anúnciasenos a nós do mesmo xeito ca a eles, pero a eles non lles valeu de nada oír a promesa, que non se xuntaron cos que a oíron con fe.
3
Pero nós, os que cremos, entramos no acougo do que falan estas verbas: "Por iso xurei, cheo de carraxe: endexamais non entrarán no meu acougo!" Ora, o seu traballo está concluído desde a creación do mundo,
4
pois, nalgún sitio fálase así do sétimo día: "E o sétimo día descansou Deus de todo o seu traballo".
5
E, con todo, no lugar citado vólvese dicir: "Endexamais non entrarán no meu acougo".
6
De acordo con isto, se Deus deixa a algúns entrar no seu acougo e se os que primeiro recibiron a promesa non entraron por falta de fe,
7
é que El, moito tempo despois, volve marcar un día, un hoxe, cando di no texto xa citado de David: "Se hoxe oídes a súa voz, non endurezades o corazón".
8
Certo que, se Xosué os fixese entrar no acougo, xa non precisaría Deus falar doutro acougo despois disto.
9
Logo, quédalle aínda unha invitación ó acougo ó pobo de Deus,
10
porque quen entrou no acougo de Deus descansa dos seus traballos, o mesmo que Deus descansou tamén dos seus.
11
Collamos a peito o entrar neste acougo, de xeito que ninguén caia nunha rebeldía coma aquela.
12
Collámolo a peito, xa que a palabra de Deus é viva e dinámica, máis cortante do que unha espada de dobre fío e que penetra mesmo alí onde se diferencian a alma e o espírito, as xuntas e a medula. Ela xulga os proxectos e os pensamentos.
13
Non hai cousa que se lle esconda, todo está nu e penetrable ós seus ollos: é a ela a quen lle temos de dar contas.
14
Pois logo, xa que temos un gran Sumo Sacerdote que xa penetrou no ceo, Xesús, o Fillo de Deus, manteñamos a esperanza que profesamos.
15
Pois así é: nós non temos un Sumo Sacerdote que non se poida compadecer das nosas debilidades, senón un Sumo Sacerdote probado en todo coma nós, fóra do pecado.
16
Acheguémonos, con liberdade ó trono da graza, para conseguirmos misericordia e atoparmos graza para unha axuda no seu debido tempo.
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 5 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13