bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Nehemiah 1
Nehemiah 1
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 2 →
1
Palabra de Nehemías, fillo de Hacalías. Sucedeu que no mes de Kisleu do vixésimo ano, estando eu en Xuxán, a cidade forte,
2
Hananí, un dos meus irmáns, veu de Xudá, el e algúns homes máis, e fíxenlles preguntas relativas ós xudeus rescatados, o resto sobrevivente da catividade, e por Xerusalén.
3
Eles contáronme: —"Os que ficaron da catividade aló na provincia, están nunha gran desgraza e vergonza; a muralla de Xerusalén ten fendas e as súas portas foron queimadas".
4
O oír estas palabras, sentei, chorei e a pena apoderouse de min durante uns días. Despois xaxuei e recei na presenza do Deus dos ceos.
5
Dixen: —"Ah, Señor, Deus dos ceos, Deus grande e temible, que gardas a alianza e a fidelidade para con aqueles que te aman e cumpren os teus mandamentos,
6
que os teus oídos estean atentos e os teus ollos abertos para escoitar a pregaria do teu servo. Neste momento, día e noite rezo diante de ti polos fillos de Israel, os teus servidores. Confeso os pecados que nós cometemos contra ti, eu e a casa de meu pai.
7
Verdadeiramente ofendémoste e non gardamos os mandamentos, as leis e os costumes que deches ó teu servo Moisés.
8
Pero lémbrate da palabra que, polo teu mandato, pronunciou o teu servo Moisés: Se sodes infieis, eu esparexereivos entre os pobos;
9
mais se tornades a min e gardades os meus preceptos e os poñedes en práctica, aínda que os vosos deportados se encontren nos confíns do mundo, irei alí reunilos e traelos ó lugar que elixín para morada do meu nome.
10
Eles son os teus servidores e o teu pobo que ti rescataches co teu gran poder e forte man.
11
Ah, Señor, que o teu oído estea atento ó rogo do teu servo e dos teus servidores que se enchen de ledicia temendo o teu nome. Concede ó teu servo a graza de achar misericordia na presenza deste home". Eu era entón o copeiro do rei.
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 2 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13