bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Nehemiah 4
Nehemiah 4
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 5 →
1
Cando Sambalat, Tobías, os árabes e os axdoditas se deron conta de que a restauración das murallas de Xerusalén progresaba e de que se empezaban a cerrar as fendas, a súa cólera foi moi grande.
2
Xuntáronse todos para viren atacar Xerusalén e causar nelas estragos.
3
Entón nós suplicamos ó noso Deus e puxemos gardas para que os vixiasen día e noite.
4
Mais Xudá dicía: —"A forza dos albaneis esgótase, e hai moitos espolios. E xa non nos será posible Construír a muralla".
5
Os nosos adversarios comentaban: —"Non sospeitarán nin verán nada ata o momento en que nós cheguemos onda eles. Entón matarémolos e faremos cesar a obra".
6
Os xudeus que habitaban ó lado deles, cando viñan, repetíannos: —"De todos os sitios de onde vós vides, están eles sobre nós".
7
Entón eu ordenei o pobo por familias, coas súas espadas, lanzas e arcos, arredor e ó pé da muralla.
8
Examinado todo, levanteime e díxenlles ós notables, ás autoridades e ó resto do pobo: —"Non lles teñades medo. Lembrádevos do Señor, grande e temible, e loitade polos vosos irmáns, fillos e fillas, polas vosas mulleres e casas".
9
Cando se decataron os nosos inimigos de que estabamos alerta, déronse conta de que Deus lles desbaratara os seus planos, e puidemos volver á muralla, cadaquén á súa tarefa.
10
Desde aquel día, con todo, só a metade dos meus homes traballaba, mentres a outra metade tiña na man as lanzas, os escudos, os arcos e as coirazas. Os xefes mantíñanse en pé detrás de toda a casa de Xudá.
11
Os que construían a muralla e cantos cargaban e levaban os vultos, traballaban cunha man, mentres a outra sostiña unha arma.
12
Todo construtor tiña unha espada amarrada á cintura. O corneta estaba ó meu lado.
13
Eu díxenlles ós notables, maxistrados e ó resto do pobo: —"A obra é considerable e ampla e nós estamos espallados ó longo da muralla, lonxe uns dos outros.
14
Polo tanto, se oídes o soar da trompeta onde queira que esteades, vide logo xuntarvos connosco. O Señor loitará por nós.
15
Fagamos a obra —tendo a metade dos nosos as lanzas na man—, desde o raiar da alba ata que xa se vexan as estrelas".
16
Tamén foi por este tempo cando lle dixen ó pobo: —"Cada un co seu servidor pasará a noite en Xerusalén; na noite haberá un garda, e no día todos á obra".
17
Ninguén, nin eu nin os meus irmáns, nin os meus servidores, nin os homes da garda que me seguían, ninguén de nós, quitaba os vestidos. Todos tiñan a súa arma na man dereita.
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 5 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13