bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Nehemiah 12
Nehemiah 12
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 11
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 13 →
1
Lista dos sacerdotes e levitas que chegaron con Zerubabel, fillo de Xealtiel, e con Xosué: Seraías, Irmeías, Ezrá,
2
Amarías, Maluc, Hatux,
3
Xecanías Rehúm, Meremot,
4
Idó, Guinetoi, Abiías,
5
Miiamín, Maadías, Bilgah,
6
Xemaías, e Ioiarib, Iedaías,
7
Salú, Amoc, Hilquías, Iedaías. Eran os xefes dos sacerdotes e dos seus irmáns, no tempo do Xosué.
8
Os levitas: Iexúa, Binuí, Cadmiel, Xerebías, Iehudah, Matanías e os seus irmáns, encargados dos cantos de louvanza.
9
Bacbuquías e Uní, os seus irmáns, axudábanos nos servizos.
10
Xosué enxendrou a Ioaquim, Ioaquim enxendrou a Eliaxib, e Eliaxib a Ioiadá.
11
Ioiadá enxendrou a Ionatán, Ionatán enxendrou a Iaduá.
12
No tempo de Ioiaquim, os sacerdotes xefes de familia eran: da de Seraías, Meraías; da de Xemeías, Hananías;
13
da de Ezrá, Mexulam; da de Amarías, Iehohanán;
14
da familia de Xebanías, Iosef;
15
da de Harim, Adná; da de Meremot, Helcai;
16
da de Idó, Zacarías; da de Guinetón, Mexulam;
17
da de Abías, Zicrí; da de Miniamín,...; da de Moadías, Piltai;
18
da de Bilgah, Xamúa; da de Xemaías, Iehonatán;
19
da de Ioiarib, Matenai; da de Iedaías, Ozí;
20
da de Salai, Calai; da de Amoc, Éber;
21
da de Hilquías, Haxabías; da de Iedaías, Netanel.
22
No tempo de Eliaxib, de Ioiadá, de Iohanán e de Iadúa, os levitas, xefes de familia, o mesmo cós sacerdotes, foron inscritos ata o reino de Darío o persa.
23
Os fillos de Leví, xefes de familia, foron inscritos no libro dos Anais, ata o tempo de Iohanán, fillo de Eliaxib.
24
Os xefes dos levitas eran: Haxabías, Xerebías e Iexúa, fillo de Cadmiel, e os seus irmáns, ás súas ordes, para cantaren, segundo o rito de David, home de Deus, cada un na súa quenda de servzo, os loores e as accións de grazas:
25
Matanías, Bacbuquías, Obadías, Mexulam, Talmón e Acub, gardas—porteiros, para a garda que se facía a pé das portas.
26
Todos estes viviron nos tempos de Ioaquim, fillo de Xosué, fillo de Iosadac, e no tempo de Nehemías o gobernador, e de Esdras, o sacerdote—escriba.
27
Para inauguraren a muralla de Xerusalén, foron en busca dos levitas por todos os seus lugares de residencia, co fin de facelos vir a Xerusalén a celebrar con xúbilo a inauguración con loores e cantos, con címbalos, liras e arpas.
28
Os fillos dos cantores do val do Xordán e da bisbarra de Xerusalén e das aldeas de Netofat,
29
de Bet—Guilgal e dos campos de Gueba e de Azmávet, xuntáronse, pois os cantores construíran aldeas nos arredores de Xerusalén.
30
Os sacerdotes e levitas purificáronse e purificaron o pobo, as portas e a muralla.
31
Mandei que subisen as autoridades de Xudá á muralla e organicei dous grandes coros. Un camiñaba pola dereita sobre a muralla pola porta do Esterco.
32
Detrás deles ían Hoxaías e a metade dos xefes de Xudá;
33
Azarías, Esdras, Mexulam,
34
Iehudá, Benxamín, Xemaías e Xemeías,
35
de entre os fillos de Ionatán, fillo de Xemaías, fillo de Metanías, fillo de Micaías, fillo de Zacur, fillo de Asaf,
36
e os seus irmáns, Xemaías, Azarel, Milalai, Guilalai, Maai, Netanel, Iehudá, Hananí, cos instrumentos de música de David, home de Deus. Esdras, o escriba, estaba diante deles.
37
Pasaron pola porta da Fonte e, seguindo en liña recta, subiron a escaleira da Cidade de David e baixaron pola costa da muralla, onda o palacio de David, ata a porta da Auga, ó levante.
38
A segunda coral marchou cara á esquerda, e tamén eu ía detrás dela, xunto coa metade dos xefes do pobo, pola muralla, na cima da torre dos Fornos ata a Muralla Longa,
39
e por riba da porta de Efraím, da porta da Iexanah, da porta dos Peixes, da torre de Hananel e da torre dos Cento, ata a porta das Ovellas. Parouse á porta da Garda.
40
As dúas corais pararon de seguida na casa de Deus, como tamén eu, a metade dos maxistrados que estaban comigo,
41
e os sacerdotes: Eliaquim, Maseías, Miniamín, Micaías, Elioenai, Zacarías, Hananías con trompetas,
42
e Maseías, Xemaías, Elazar, Ozí, Iehohanán, Malaquías, Elam e Ézer. Os cantores fixéronse oír, con Izrahías o inspector.
43
Ofrecéronse ese día grandes sacrificios e foi moi grande a ledicia, pois Deus comunicáralles un gran gozo. As mulleres e os nenos gozaron tamén, e o xúbilo de Xerusalén notábase desde lonxe.
44
Nese día nomeáronse intendentes dos almacéns destinados ás provisións, ofrendas, primicias e décimos, onde se gardaban, polos campos e pobos, as porcións que prescribe a Lei para os sacerdotes e os levitas. En efecto, Xudá sentíase orgullosa dos sacerdotes e dos levitas en función,
45
porque levaban á práctica canto atinxe ó servizo do seu Deus e ó servizo das purificacións, mentres que os cantores e os porteiros seguían a orde de David e de Salomón, o seu fillo.
46
Pois desde moi antigo, desde o tempo de David e de Asaf, había xefes de cantores e de cantos de loanza e de recoñecemento ó noso Deus.
47
Todo Israel, no tempo de Zerubabel e no tempo de Nehemías, dábanlles o que lles correspondía ós cantores e porteiros día a día, pois as cousas consagradas pertencíanlles ós levitas; e os levitas dábanlles parte ós fillos de Aharón.
← Chapter 11
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 13 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13