bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Nehemiah 6
Nehemiah 6
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 5
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 7 →
1
Cando Sambalat, Tobías, o árabe Guéxem e o resto dos nosos inimigos souberon que tiñamos rematada a construción da muralla e que xa non quedaba nela ningunha fenda —só as follas das portas estaban sen colocar—,
2
Sambalat e Guéxem mandaron dicirme: —"Ven. Vamos ter unha entrevista contigo en Kefirim, no val de Onó". É que tiñan pensado facerme mal.
3
Eu mandeilles mensaxeiros para dicirlles: —"O que eu fixen é unha obra considerable, e non me é posible baixar. Por que se vai ter que deter a obra para baixar onda vós?"
4
Eles enviáronme catro veces o mesmo recado, e eu deilles a mesma resposta.
5
Por quinta vez chegoume a mesma mensaxe, por medio do servidor de Sambalat, que traía na man unha carta aberta.
6
Nela estaba escrito: —"Óese rumorear entre as xentes, e así o afirma Guéxem, que ti e mais os xudeus tedes o pensamento de vos sublevar e que con tal motivo levantas ti a muralla para devir o seu rei.
7
Nomeaches tamén co mesmo fin profetas en Xerusalén para que proclamen: Hai un rei en Xudá. É ben seguro que o vai saber o emperador. Ven, pois, e decidiremos xuntos o que convén facer".
8
Respondinlles: —"Non hai cousa que estea de acordo con canto ti dis. Iso inventáchelo ti mesmo".
9
Todos eles, de certo, queríannos meter medo, pensando: —"Van parar a obra, que non rematará endexamais". Eu con iso aínda collín máis ánimos.
10
Fun á casa de Xemaías, fillo de Delaías, fillo de Mehetabel, pois estaba impedido. Dixo: —"Xuntémonos na casa de Deus, no medio do templo, e pechemos as súas portas, porque van vir matarte".
11
Eu respondín: —"Un home coma min emprenderá a fuga? E que home hai que poida entrar no templo e vivir? Non entrarei, non".
12
Deime conta, en efecto, que non fora Deus quen o enviara. Fíxome esa profecía subornado por Tobías e Sambalat,
13
para que, cheo de pavor, obrase desa forma, cometendo un gran pecado. Terían entón eles motivo para me denigraren, téndome por un blasfemo.
14
—"Lémbrate, oh Deus, de canto Tobías e Sambalat fixeron, e tamén da profetisa Noadías e dos outros profetas que me querían poñer medo".
15
A muralla rematouse o vinte e cinco do mes de Elul, en cincuenta e dous días.
16
Cando o souberon os nosos inimigos, todas as nacións veciñas foron presa de gran temor e víronse humilladas ós seus propios ollos. Recoñeceron que esta obra fora feita por vontade divina.
17
Foi tamén por ese tempo cando os notables de Xudá mandaran moitas cartas a Tobías e recibían del outras tantas.
18
Pois moitos xudeus xuramentáranse con el por ser o xenro de Xecanías, fillo de Arah, e porque o seu fillo Iehohanán casara coa filla de Mexulam, fillo de Berequías.
19
Facían, incluso, o seu eloxio na miña presenza, e levábanlle as miñas palabras. Tobías enviara cartas para poñerme medo.
← Chapter 5
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 7 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13