bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Nehemiah 10
Nehemiah 10
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 9
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 11 →
1
En consecuencia, nós facemos un pacto firme e poñémolo por escrito. Sobre este texto selado figuran os nosos xefes, levitas e sacerdotes.
2
Firmárono: Nehemías o gobernador, fillo de Hakalías e Sedecías;
3
Seraías, Azarías, Irmeías,
4
Paxhur, Amarías, Malaquías,
5
Hatux, Xebanías, Maluk,
6
Harim, Meremot, Obadías,
7
Daniel, Guinetón, Baruc,
8
Mexulam, Abías, Miiamín,
9
Maazías, Bilgai, Xemaías: tales son os sacerdotes.
10
E os levitas: Iexúa, fillo de Azanía, Binuí de entre os fillos de Henadad, Cadmiel,
11
e os seus irmáns: Xebanías, Hodiías, Quelitá, Pelaías, Hanán,
12
Milá, Rehab, Haxabías,
13
Zacur, Xerebías, Xebanías,
14
Hodiías, Baní, Beninú.
15
Os xefes do pobo: Parox, Pahat—Moab, Elam, Zatú, Baní,
16
Buní, Azgad, Bebai,
17
Adonías, Bigvai, Adín,
18
Ater, Ezequías, Azur,
19
Hodiías, Haxum, Besai,
20
Harif, Anatot, Nebai,
21
Magpías, Mexulam, Hezir,
22
Mexezabel, Sadoc, Yadúa,
23
Pelatías, Hanán, Anaías,
24
Hoxea, Hananías, Haxub,
25
Olohex, Pilhá, Xobeq,
26
Rehúm, Haxabnah, Maseías,
27
Ahías, Hanán,
28
Maluc, Harim, Banah.
29
O resto do pobo, os sacerdotes, levitas, porteiros, cantores, servidores e todos os que se separaran dos pobos dos outros países para serviren á Lei de Deus, as súas mulleres e fillos, todos cantos tiñan uso de razón,
30
uníronse ós seus irmáns, os nobres, e xuraron solemnemente camiñar de acordo coa Lei de Deus dada pola mediación de Moisés, servo de Deus, e levar á práctica todos os preceptos, decretos e mandados do Señor.
31
Por conseguinte, non daremos as nosas fillas ás xentes do país, nin tomaremos as súas fillas para os nosos fillos;
32
se as xentes do país veñen con mercadorías ou calquera xénero de víveres no día de sábado, non lles compraremos cousa mentres dure o sábado e durante os días de festa, e no sétimo ano deixaremos descansar os nosos campos e pagaremos toda clase de débedas.
33
Prometemos ademais dar un terzo de siclo ó ano para o culto do templo do noso Deus,
34
para o pan da presentación, para a ofrenda perpetua, para o holocausto perpetuo, os sábados, comezos de mes, festas, para as cousas consagradas, para os sacrificios de expiación dos pecados de Israel e para toda obra da casa do noso Deus.
35
Nós —os sacerdotes, os levitas e o pobo— botamos as sortes con motivo da ofrenda de leña que hai que levar á casa do noso Deus segundo as nosas familias, nos tempos fixados, ano tras ano, para acender o lume do altar do Señor o noso Deus, segundo está escrito na Lei.
36
Da mesma maneira, deben levarse as primicias dos nosos eidos, as de todos os froitos de toda árbore, cada ano, para a casa do Señor,
37
e os primoxénitos dos nosos fillos e do gando, como está escrito na Lei; así coma os primoxénitos das nosas grandes reses e das pequenas, que se deben levar á casa do noso Deus e ós sacerdotes en función na casa do noso Deus.
38
A mellor parte da nosa fariña, das nosas ofrendas, de toda clase de froitos, do viño e do aceite, débense levar ós sacerdotes, para os almacéns da casa do noso Deus, así como tamén o décimo do noso terreo ós levitas.
39
Un sacerdote, fillo de Aharón, irá canda os levitas, cando estes reciban o décimo, e tamén eles, pola súa banda, apartarán a décima parte do décimo para a casa do noso Deus e levarana ós almacéns da casa do tesouro.
40
Pois tanto os israelitas como os levitas levan as ofrendas de trigo, de viño novo e de aceite ós almacéns, onde están tamén os trebellos do templo, dos sacerdotes que prestan servizo, dos porteiros e dos cantores. Deste xeito, non abandonaremos a casa do noso Deus.
← Chapter 9
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 11 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13