bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Nehemiah 5
Nehemiah 5
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 6 →
1
Entón a xente do pobo, sobre todo as mulleres, levantou un gran clamor contra os seus irmáns xudeus.
2
Algúns dicían: —"Os nosos fillos e fillas, e nós mesmos, somos moi numerosos e non temos pan para comer e vivir".
3
Outros dicían: —"Os nosos campos, viñas e casas hai que entregalos, a fin de que nos dean trigo no tempo da fame".
4
Outros dicían: —"Polo tributo do rei, empeñamos a prata que esperamos sacar dos campos e viñas.
5
Non obstante, a nosa carne é semellante á carne dos nosos irmáns, e os nosos fillos son tamén semellantes ós seus. Mais o caso é que temos que entregar os nosos fillos e fillas á escravitude, e algunhas das nosas fillas foron deshonradas sen que nós poidamos facer cousa para impedilo. Os nosos campos e viñas están nas mans doutros".
6
Ao oír os seus clamores e palabras, a cólera apoderouse de min con violencia.
7
Sentin na miña alma a obriga de lles rifar ós nobres e maxistrados, e díxenlles: —"Estades poñendo unha carga enorme os uns nos ombros dos outros". Convoqueinos despois a unha gran asemblea.
8
Díxenlles: —"Nosoutros, nós mesmos, compramos os nosos irmáns xudeus vendidos ás nacións, na medida das nosas posibilidades. Vosoutros, polo contrario, vendedes os vosos irmáns para seren máis tarde revendidos a nós". Eles mantíñanse en silencio e nada tiñan que responder.
9
Eu engadín: —"O que facedes non está ben; non é segundo o temor de Deus como debedes camiñar para evitar a vergonza das nacións, as nosas inimigas?
10
Tanto eu, coma os meus irmáns e servidores prestámoslles diñeiro e trigo. E imos tamén abandonar esa débeda.
11
Volvédelles hoxe mesmo os seus campos, viñas, oliveiras e casas, e perdoádelles o diñeiro, trigo, aceite que lles emprestastes".
12
Eles responderon: —"Perdoarémoslles todo e nada lles reclamaremos. Faremos como ti dis". Chamei ós sacerdotes e fixen xurar á xente que farían como se lles dixera.
13
Sacudín tamén as dobras do meu manto, dicindo: —"Desta mesma maneira sacudirá Deus da súa casa, lonxe dos seus bens, a todo aquel que non reciba a súa palabra. Así será el sacudido e abandonado sen nada". Toda a asemblea respondeu: —"Amén". E loaba ó Señor. E o pobo realizou canto se dixo.
14
Despois do día mesmo en que se me deu a orde de ser o seu gobernador no país de Xudá, desde o vixésimo ano ata o trixésimo do rei Artaxerxes, durante doce anos, así eu coma os meus irmáns non comemos endexamais o pan que lle pertence ó que goberna.
15
Antes de min, os primeiros gobernadores esmagaban o pobo, esixíndolle pan e viño, e corenta siclos de prata. Tamén os seus servidores impoñían o seu dominio sobre o pobo, cousa que eu xamais non quixen facer polo temor de Deus.
16
Axudei incluso na obra desta muralla, e non compramos campos, e todos os meus servidores viñan tamén xuntarse aquí para o traballo.
17
Os xudeus e os maxistrados que comían comigo eran cento cincuenta homes, ademais dos que viñan onda nós das nacións veciñas.
18
O que se preparaba para cada día —un touro, seis carneiros escollidos e aves— corría da miña conta o aderezalo. Cada dez días traía viño a fartar. Aínda así, non reclamei o pan que lle corresponde ó gobernador, pois a servidume pesaba duramente sobre este pobo.
19
Meu Deus, acórdate para o meu ben de todo canto fixen por este pobo.
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 6 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13