bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Nehemiah 3
Nehemiah 3
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 4 →
1
Eliaxib, o sumo sacerdote, levantouse, xuntamente cos seus irmáns, os sacerdotes, e construíron a porta das Ovellas. Consagrárona e puxéronlle as follas; despois consagraron a muralla ata a torre dos Cento, ata a torre de Hananel.
2
O seu lado construíron os homes de Iericó e ó lado construíu Zacur, fillo de Imrí.
3
Os fillos do Senaah fixeron a porta dos Peixes e foron tamén eles os que a colocaron e fixaron as súas follas, trancas e ferrollos.
4
De seguido traballou Meremot, fillo de Urías, fillo de Hacós, e ó seu lado traballou Mexulam, fillo de Berequías, fillo de Mexezabel; xunto del traballou Sadoc, fillo de Baná;
5
ó seu lado traballaron os de Tecoa, pero os seus notables non se sumaron ó servzo dos seus señores.
6
Ioiadá, fillo de Paséah, e Mexulam, fillo de Besodía, traballaron na porta do arrabalde novo; foron eles os que fixaron as súas follas, trancas e ferrollos.
7
O seu lado traballou Melatías o gabaonita, e tamén Iadón o meronotita, os homes de Gabaón e de Mispah, dependentes do solio do gobernador de Transeufratina.
8
O seu lado traballou Uziel, fillo de Harhaías o ourive, e ó seu lado traballou Hananías o perfumista. Fóronse de Xerusalén unha vez rematada a muralla longa.
9
Canda eles traballou Refaías, fillo de Hur, xefe da metade do distrito de Xerusalén.
10
A continuación traballou Iedaías, fillo de Harumaf, fronte da súa casa, e ó seu lado traballou Hatux, fillo de Haxafnías.
11
Na segunda porción traballou Malaquías, fillo de Harim, como tamén Haxub, fillo de Pahat—Moab; o mesmo que na torre dos Fornos.
12
O seu lado traballou Xalum, fillo deo Lohex, xefe da metade dun sector de Xerusalén, el e as súas fillas.
13
Na porta do Val traballou Hanún cos habitantes de Zanóah; foron eles os que a fixeron, aseguraron as súas follas, coas barras e fechos, e reconstruíron cincocentos metros de muralla ata a porta do Esterco.
14
A porta do Esterco restaurárona Malaquías, fillo de Recab, xefe do distrito do Casalhorto; foi el quen a construíu, fixando as súas follas, trancas e fechos.
15
Xalum, fillo de Kol—Hozeh, xefe do sector de Mispah, traballou na porta da Fonte; foi el quen a fixo, cubriuna e púxolle as follas, trancas e ferrollos; tamén construíu a muralla do estanque de Xélah, onda o xardín real, ata a esqueira que baixa da Cidade de David.
16
Despois del traballou Nehemías, fillo de Azbuc, xefe de medio distrito de Caspena, ata as tumbas de David, o estanque artificial e a casa dos Valentes.
17
O seu lado traballaron os levitas: Rehúm, fillo de Baní e, a par del, traballou no seu propio distrito Haxvías, xefe da metade do sector de Queilah:
18
Despois del traballaron os seus irmáns Binuí, fillo de Henadad, xefe da metade do sector de Queilah.
19
O seu lado traballou Ézer, fillo de Iexúa, xefe de Mispah, nunha segunda porción, a partir do sitio que cae fronte á subida do arsenal, no ángulo.
20
Despois del traballou con gran coraxe Baruc, fillo de Zabai, nunha segunda porción, a partir do ángulo ata a entrada da casa de Eliaxib, o sumo sacerdote.
21
Despois del traballou Meremot, fillo de Uría, fillo de Hacós, nunha segunda porción, a partir da entrada da casa de Eliaxib ata o extremo da casa de Eliaxib.
22
E despois del traballaron os sacerdotes, chegados dos contornos.
23
Despois traballou Benxamín e tamén Haxub, diante da súa casa; despois traballou Azarías, fillo de Maseías, fillo de Anasías, ó lado da súa casa.
24
Despois del traballou Binuí, fillo de Henadad, nunha segunda porción, a partir da casa de Azarías ata o recanto e ata o ángulo;
25
Palal, fillo de Uzai, continuou a partir do ángulo e a torre superior do palacio real, a alta, a que dá ó patín do cárcere. A par del, Pedaías, fillo de Parox, restaurou
26
Ata a porta das Augas, ó leste da torre superior.
27
Despois del traballaron os de Tecoa, nunha segunda porción, a partir do lugar que está diante da torre superior, ata a muralla do Ofel.
28
Despois da parte alta da porta dos Cabalos traballaron os sacerdotes, cada un diante da súa casa.
29
A continuación traballou Sadoc, fillo de Imer, diante da súa casa, e despois del traballou Xemaías, fillo de Xecanías, gardián da porta do Leste.
30
Despois del traballou Hananías, fillo de Xelemías, e tamén Hanún, fillo de Salaf o sexto, nunha segunda porción. A continuación traballou Mexulam, fillo de Berequías, diante da súa morada.
31
Despois del traballou Malaquías o ourive ata a casa dos servidores e dos comerciantes, fronte á porta de Mifcad ata a cela alta do ángulo.
32
Entre a cela alta do ángulo e a porta das Ovellas traballaron os ourives e os comerciantes.
33
Cando Sambalat soubo que nós levantabamos a muralla, encheuse de cólera e de furor. Burlouse dos xudeus
34
e falou na presenza dos seus irmáns e das tropas de Samaría, dicindo: —"Que fan eses infelices? Déixaselles traballar? Van ofrecer sacrificios? Van terminar hoxe? Farán revivir as pedras de entre os pardiñeiros, agora que xa están calcinadas?"
35
O amonita Tobías estaba ó seu lado e dixo: —"Eles constrúen, mais, en canto suba unha raposa á súa muralla de pedra, fará nela unha fenda".
36
Escoita, Deus noso, como se burlan de nós. Fai caer os seus insultos sobre a súa cabeza e entrégaos ó desprezo nun país de catividade.
37
Non perdoes a súa falta, e que o seu pecado non se borre diante de ti; porque cometeron unha ofensa contra os que constrúen.
38
Reconstruímos, pois, a muralla, e toda ela foi reparada ata media altura. O pobo tomou moi a peito o facela.
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 4 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13