bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Song of Solomon 1
Song of Solomon 1
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 2 →
1
O mellor dos Cantares, de Salomón.
2
—Que me bique cun bico da súa boca! Abofé, mellores son có viño os teus amores,
3
mellores có recendo dos teus perfumes; coma esencia que esvara é o teu nome, ben é que te amen tanto as raparigas.
4
Arrástrame contigo: Corramos! Introdúzame o Rei na súa alcoba. Folguémonos en ti, ledas abondo, Loemos os teus amores máis có viño. Que ben fan en te amaren!
5
Morena eu son pero xeitosa —meniñas de Xerusalén— coma as tendas de Quedar, coma as cortinas de Xalmah.
6
Non reparedes en que son moreniña: foi que o sol me queimou. Fillos de miña nai anoxáronse comigo, puxéronme de garda nas súas viñas, e a miña, a miña viña, non a gardei.
7
Dime ti, meu ben amado, onde apacentas? Onde fas repousar o gando ó mediodía? Para que hei andar sen rumbo onda os rabaños dos teus amigos?
8
—Non o sabes ti, belida entre as mulleres? Vai tralas pegadas das ovellas! Pasta os teus cabuxos onda as cabanas dos pastores!
9
A unha egua de carros faraónicos compárote eu, miña amada.
10
Que ben feitas as meixelas entre os pendentes, e a gorxa entre os colares!
11
Farémosche colgantes de ouro puro, coas doas prateadas!
12
—Mentres o Rei se deita no diván, ponse o meu nardo a recender.
13
Folequiño de mirra é para min o meu amigo, repousa entre os meus peitos;
14
coma acio de fiafeira é para min o meu amigo, das viñas de En-Guedí.
15
—Si que es belida, miña amada, si que es belida! Os teus ollos son pombiñas!
16
—Si que es ti belido, meu amigo, e ben garrido! Frondoso é o noso leito,
17
de cedro ten as trabes a nosa casa, de ciprés son os teitos.
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 2 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8