bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Song of Solomon 2
Song of Solomon 2
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 3 →
1
—Eu son o narciso do Xarón, unha azucena das valgadas.
2
—Coma lirio de entre os toxos tal é a miña amada entre as rapazas.
3
—Coma a maceira entre as árbores da fraga tal é o meu amigo entre os mozos. A súa sombra devezo por me sentar pois é doce o seu froito ó meu padal.
4
Meteume el na cámara do viño e a súa bandeira para min chámase amor.
5
Sostédeme con tortiñas de uvas pasas, confortádeme con mazás, que doente vou de amor!
6
Puxo a súa esquerda baixo a miña cabeza, coa súa dereita unha aperta me está a dar.
7
Conxúrovos, meniñas de Xerusalén, polas gacelas ou as cervas montesías, non espertedes nin desveledes o amor, ata que el queira!
8
Escoitade! É o meu amigo! Aí o vén! Choutando polos montes, brincando por outeiros!
9
Semella o meu amigo unha gacela ou un cerviño novo. Velaí que parou tralo noso muro, albisca polas fiestras, axexa polas reixas!
10
Faloume o meu amigo; así dicía: —"Érguete, amada miña, fermosa miña, ven xa!
11
Xa fuxiu o inverno, foron pasando as chuvias,
12
floriñas asomaron na campía, vén o tempo das ruadas, os arrolos da rula resoan nos nosos campos;
13
o figueiral ten gromos, as vides botan flores recendentes. Érguete e ven, amada, fermosa miña, ven xa!
14
Miña pomba, nas fendas dos penedos, nos recantos das rochas, faime ver a túa figura, faime oír o teu falar, que é doce esa voz túa, e o teu xeito, lanzal!"
15
Aferrádenos as raposas, as raposas pequeniñas que nos estragan as viñas, nosas viñas a agromar!
16
Para min é o meu amigo e eu son para el que pasta nos lirios.
17
Ata que sopre o día e fuxan as sombras volve, meu amigo, seméllate á gacela ou ó cervo noviño nos montes de Beter.
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 3 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8