bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Song of Solomon 5
Song of Solomon 5
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 6 →
1
—Xa veño para o meu horto, cariño, miña noiva; collín xa a miña mirra e o meu bálsamo, comín xa do meu panal o do meu mel, bebín xa do meu viño e do meu leite. Comede, pois, amigos, e bebede ata embebedarvos de agarimos!
2
—Estaba eu a durmir, pero o meu corazón en vela, cando chama petando o meu amigo. —"Ábreme, meu cariño, miña amada, miña pomba, todo o meu ben! Porque teño a cabeza toda enchoupada de orballo, de pingotiñas da noite os meus rizos".
3
—"Espinme xa da túnica, heime vestir de novo? Lavei xa os meus pés, habíaos de lixar?"
4
Pasou o meu amigo a man polo poxigo e en min tremeron as entrañas.
5
Erguinme para lle abrir ó meu amigo, pois fuxíame a alma ó seu falar; as miñas mans destilaban coma mirra, os meus dedos eran mirra refinada sobre o pasador da pechadura.
6
Abrinlle ó meu amigo, pero o meu amigo partira, xa pasara. Busqueino e non o atopei; chameino e non respondeu.
7
Atopáronme os gardas que roldan a vila; batéronme e feríronme; arrincáronme o dengue os gardas das murallas.
8
Conxúrovos, meniñas de Xerusalén se é que atopades o meu amigo, que lle habedes dicir, se non que doente vou de amor?
9
—"Que caste de amigo é o teu, belida entre as mulleres? Que caste de amigo é o teu para así nos conxurares?".
10
—"É o meu amigo esplendoroso e louro, escolleito entre milleiros.
11
A súa cabeza é de pan de ouro fino, son acios de palmeira os seus cabelos e mouros coma o corvo.
12
Ten ollos coma pombas das fontes dos regatos, que bañadas no leite repousan á beira dun estanque.
13
As súas meixelas son matas de bálsamo onde medran as especias; os seus labios son lirios a destilar mirra fina.
14
As súas mans, torques de ouro engastados con xoias de Tárxix; o seu ventre, unha placa de marfil salpicada con zafiros.
15
Son as súas pernas dous esteos de mármore afincados sobre baseamentos de ouro. Ten o aspecto do Líbano e é lanzal coma os cedros,
16
e o seu bicar, tan doce. Todo el é de arelar! Tal é o meu amigo, tal o meu compañeiro, meniñas de Xerusalén.
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 6 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8