bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Song of Solomon 8
Song of Solomon 8
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 7
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
1
Quen te me dera coma irmán, criado ós peitos de miña nai! Se te atopase na rúa, poderíache dar un bico e ninguén me aldraxaría.
2
Traerte había eu e meterte na casa da que me criou. Daríache a beber un viño mesturado, o doce mosto das miñas granadas.
3
Puxo a súa esquerda baixo a miña cabeza, coa súa dereita unha aperta me está a dar.
4
Conxúrovos, meniñas de Xerusalén, non espertedes nin desveledes o Amor ata que el queira!
5
—Quen é esta que sobe da estepa do brazo xa do seu amigo? —Baixo a maceira esperteite, onde túa nai te deu a luz, onde por ti sufriu quen te xerou.
6
Márcame coma un selo no corazón, coma un selo no teu brazo! Pois é rexo coma a morte o Amor, duros coma o Xeol son os celos; son os seus lóstregos coruscar de lume, divina labarada.
7
Mil torrentes non o poden amatar nin alagalo a riada. Se alguén quixese dar todo o haber da súa casa en pago do Amor, ben sería escarnecido.
8
Temos unha irmanciña que aínda non ten peitos: Que faremos nós da nosa irmá o día en que a veñan pretender?
9
Se é coma unha muralla, sobre ela construiremos un amear de prata; se é coma unha porta, contra ela afincaremos un taboado de cedro.
10
Son eu unha muralla, son torres os meus peitos, e fíxenme ós seus ollos coma a que porta a paz.
11
Salomón tivera unha viña en Baal-Hamón e cedeuna ós parceiros, que lle han arrendar polo froito ata mil siclos de prata.
12
O que é a miña viña, sérveme só a min! Para ti os miles, Salomón, e dálles aínda douscentos ós que che gardan as rendas!
13
Ti, a que moras nos hortos, os compañeiros están a escoitarte! Faime sentir a túa voz!
14
Fuxe, meu amigo, e seméllate á gacela ou ó cervo noviño polos montes de bálsamo!
← Chapter 7
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8