bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Song of Solomon 7
Song of Solomon 7
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 6
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 8 →
1
—Vira, vira, Xulamita! Vira, vira, que te estamos a ollar! —Que estades a ollar para a Xulamita cando se pon a bailar na regueifa?
2
—Que xeitoso o teu puntear nas sandalias, filla de nobre! As curvas dos teus cadrís son coma aneis, feitura de man de artista.
3
O teu embigo, unha cunca en media lúa, non terá falta de licor. O teu ventre é monllo de trigo cinguido de lirios.
4
Os teus peitos son coma dúas crías xemelgas de gacela.
5
O teu pescozo, cal torre de almafí. Os teus ollos, estanques de Hexbón xunto á porta de Bat-Rabim. É o teu perfil coma a torre do Líbano que vixía Damasco.
6
Tes ergueita a cabeza coma o Carmelo; son as túas trenzas da color da púrpura. Un Rei prenderíase nos teus rizos!
7
Que belida ti es, que agarimosa, meu amor apaixonado!
8
O teu van seméllase á palmeira e os teus peitos ós acios.
9
E dixen eu: Subir hei á palmeira e coller hei os dátiles! Serán para min os teus peitos coma acios de vide, e o teu alento, un aroma de mazás.
10
O teu bicar é un viño xeneroso que corre dereitiño esvarando por labios e por dentes.
11
—Eu son do meu amigo, e de min a súa arela!
12
—Ven, meu amigo, e saiamos para o campo; pasaremos a noite nos lugares,
13
e nas viñas habemos de espertar; veremos se xa xermola a vide, se xa agroman as flores e están a abrochar os granados; alí hei darche os meus agarimos.
14
As mandrágoras dan a súa fragrancia; hai xunto ás nosas portas mil froitos cobizosos, dos novos e dos secos, que eu reservei, amigo, para ti.
← Chapter 6
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 8 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8