bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Song of Solomon 4
Song of Solomon 4
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 5 →
1
—Si que es belida, miña amada, si que es belida! Os teus ollos son pombiñas por entre o teu veo. Os teus cabelos, un fato de cabuxas que baixan serpeando do monte Galaad;
2
os teus dentes, grea de ovellas tosquiadas subindo de se lavar, todas elas preñadas de xemelgos e ningunha hai maniña.
3
Cal fita carmesí son os teus labios, é doce a túa fala; metades de granada as túas meixelas por entre o teu veo.
4
Atalaia davídica é o teu pescozo, ben fornecida de ameas; mil escudos van dela pendurados, todas as adargas dos guerreiros.
5
Os teus dous peitos son coma dúas crías xemelgas de gacela, a pastar nos lirios.
6
Ata que sopre o día e fuxan as sombras hei subir ó monte da mirra, ata o cume do incenso.
7
Toda ti es belida, miña amada, non hai en ti lixo ningún.
8
Ven do Líbano, noiva! Ven do Líbano, baixa! Deixa o cumio do Amanah, o cimo do Senir e mais o Hermón, as covas dos leóns, o monte das panteras!
9
Botáchesme o meigallo, cariño, miña noiva! Botáchesme o meigallo, cunha das túas olladas, cunha das xoias que levas na gorxa!
10
Que belos os teus amores, cariño, miña noiva! Canto mellores có viño son os teus amores, e a túa fragrancia ca todos os aromas!
11
Un favo a destilar son os teus labios, noiva! Mel e mais leite hai baixo a túa lingua! O recendo da túa túnica é recendo do Líbano!
12
Es ti un horto pechado, cariño, miña noiva. Es ti un horto pechado, unha fonte selada.
13
A túa ramaxe é un paraíso de granados, cheo de froitos exquisitos.
14
Azafrán, canela e cinamomo, toda madeira de gorentoso fume. O nardo, a mirra, o áloe, coas mellores matas de bálsamo.
15
Fonte do meu xardín, manancial de augas vivas que flúen desde o Líbano!
16
—Ergue, vento de nordesía! Ven ti, vento galopante! Venteade o meu xardín: que espalle os seus aromas! Que veña o meu amigo ó seu xardín, que coma daquel froito que cobiza!
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 5 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8