bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Song of Solomon 6
Song of Solomon 6
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 5
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 7 →
1
—Para onde foi o teu amigo, belida entre as mulleres? Cara a onde volveu o teu amigo e contigo o iremos buscar?
2
—Baixou o meu amigo ó seu horto, vai nas matas do bálsamo; foi pastar no xardín e facer a colleita de lirios.
3
Eu son do meu amigo e o meu amigo é meu, que pasta nos lirios.
4
—Fermosa es ti, miña amada, coma Tirsah, xentil coma Xerusalén, terrible cal batallón, pendóns ó vento.
5
Torna os ollos de min que me fan arrepiar! Os teus cabelos son fato de cabuxas que baixan serpeando do Galaad.
6
Os teus dentes, grea de ovellas nais subindo do lavado, todas elas preñadas de xemelgos, e ningunha hai maniña.
7
Rebandas de granada son as túas meixelas por entre o teu veo.
8
Se son sesenta as raíñas, oitenta as favoritas e sen conta as doncelas,
9
só unha é a miña pomba, a máis perfecta, a única de súa nai, preferida daquela que a xerou. Vírona as donceliñas, e gabárona, as raíñas e favoritas, e loárona.
10
—"Quen é esta que está a xurdir coma a alborada, fermosa coma a lúa chea, a brillar coma o sol, terrible cal batallón, pendóns ó vento?
11
Ao nogueiral baixei ver xermolar as palmas, ollar se agroma a vide e florecen os granados.
12
Non sei o que me pasa pois que me puxo a tremer ela, a filla de xentes nobres.
← Chapter 5
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 7 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8