bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Amos 1
Amos 1
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 2 →
1
Palabras de Amós, que pertenceu ó gremio dos pastores de Técoa, do que viu no tocante a Israel en tempos de Ozías, rei de Xudá, e en tempos de Ieroboam, fillo de Ioax, rei de Israel, dous anos antes do terremoto.
2
Velaquí o que dixo: "Brama Iavé desde Sión, desde Xerusalén ergue a súa voz e murchan os pasteiros dos pastores, seca o cumio do Carmelo".
3
Así di Iavé: "Por causa de tres delitos de Damasco e mais por catro non me hei domear: Por mallar co mallo de ferro a Galaad,
4
heille meter lume ó casal de Hazael, que engulipe os pazos de Ben-Hadad.
5
Quebrarei os ferrollos de Damasco, exterminarei o soberano de Val de Vans e o que leva o cetro de Vila Leda e o pobo de Aram será deportado a Quir": dixo Iavé.
6
Así di Iavé: "Por causa de tres delitos de Gaza e mais por catro non me hei domear: Por facer deportacións masivas; para entregalas a Edom
7
heille meter lume á muralla de Gaza ata que engulipe os seus pazos.
8
Exterminarei o soberano de Axdod e o que leva o cetro de Axquelón, tornarei a miña man contra Ecrón e o resto dos filisteos perecerá", dixo o meu Señor Iavé.
9
Así di Iavé: "Por causa de tres delitos de Tiro e mais por catro non me hei domear: Por entregar deportacións masivas a Edom esquecendo o pacto de fraternidade,
10
heille meter lume á muralla de Tiro ata que engulipe os seus pazos".
11
Así di Iavé: "Por causa de tres delitos de Edom e mais por catro non me hei domear: Por perseguir a seu irmán coa espada e matar sen compaixón, porque a súa carraxe depreda sen acougo e mantense a cotío a súa ira,
12
heille meter lume a Temán que engulipe os pazos de Bosrah".
13
Así di Iavé: "Por causa de tres delitos dos amonitas e mais por catro non me hei domear: Por fender o ventre das embarazadas de Galaad co gallo de ampliar as súas fronteiras,
14
heille meter lume á muralla de Rabah ata que engulipe os seus pazos entre o ouvear do día da batalla e o balbordo do día da galerna,
15
e o seu rei partirá deportado, el xunto cos seus ministros": dixo Iavé.
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 2 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9