bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Amos 6
Amos 6
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 5
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 7 →
1
"Malia os que viven no lecer en Sión, os despreocupados no monte de Samaría, a elite das primicias das nacións ós que acode a xente de Israel!
2
Ide ata Calno e ollade, de alí pasade ó Gran Hamat, baixade despois a Gat dos filisteos. Valedes vós máis ca eses reinos? É meirande o voso territorio?
3
Intentan arredar o día funesto favorecendo o dominio da violencia,
4
déitanse en leitos de marfil, vaguean nas súas camas, xantando os carneiros do rabaño e os xatos sacados da corte.
5
Cantarexan ó son da arpa e, coma novos David, inventan instrumentos.
6
Beben viño nas grandes copas e únxense coa esencia dos perfumes, mais a desfeita de Xosé non os deprime.
7
Por iso agora van partir para o exilio á cabeza dos deportados, pois rematou a esmorga dos nugalláns". —Oráculo de Iavé, Deus dos Exércitos—.
8
Xurou o Señor Iavé por si mesmo: "Dáme noxo a prepotencia de Xacob, aborrezo os seus pazos e vou entregar a cidade e canto a enche";
9
e se nunha casa quedan dez homes, morrerán tamén;
10
e cando alguén leve un parente ou achegado para sacar da casa os ósos, diralle a quen anda polo recuncho da peza: "Quédache aínda alguén?"; e responderalle "Ninguén". Entón aquel dirá: "Cala!" (pois non se debe mencionar o nome de Iavé).
11
Porque velaquí o que Iavé ten decretado: Reducirá a casa grande a entullo e a casa pequena a faragullas.
12
Galopan os cabalos polos penedos ou árase con bois o mar? Pois vós trocades o dereito en pezoña e o froito da xustiza en asentes.
13
Os que se alegran por Lo Debar e din: "Non conquistamos Carnaim coas nosas forzas?"
14
"Velaquí, vou facer xurdir contra vós, casal de Israel —Oráculo de Iavé, Deus dos Exércitos—, un pobo que vos asoballe desde Lebó-Hamat ata o torrente do Arabah".
← Chapter 5
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 7 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9