bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Amos 4
Amos 4
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 5 →
1
Escoitade esta palabra, vacas de Baxán que morades sobre o monte de Samaría, as que asoballades os necesitados, as que esfolades os pobres, mentres lles dicides ós vosos maridos: "Botádenos de beber!"
2
Xurou o Señor Iavé pola súa santidade: "Havos chegar o tempo no que vos arrastren con adivais e o resto de vós con garfos.
3
Teredes que saír polas gretas tirando cara adiante, para serdes levadas ás partes do Hermón, —Oráculo de Iavé—.
4
Ide en romaría a Betel para pecar, ou a Guilgal, e amoreade delitos; levade de mañá os sacrificios e ó día terceiro os vosos décimos.
5
Queimade parte do levedado en acción de grazas, anunciade ben alto as ofrendas voluntarias xa que así vos peta, israelitas, —Oráculo do Señor Iavé—.
6
Eu, da miña banda, déravos dentes limpos en todas as vosas vilas e carencia de pan en todos os vosos casais, mais non volvestes a min —Oráculo de Iavé—.
7
Denegueivos a chuvia cando faltaban aínda tres meses para a colleita, fixen que chovese nunha vila si e noutra non; unha leira foi regada e outra, onde non choveu, murchou.
8
Dúas vilas e ata tres foron a tombos ata a veciña por beber auga, mais non se deron saciado e aínda así non volvestes a min —Oráculo de Iavé—.
9
Ferinvos co caruncho e coa mera, mandei a seca ós vosos hortos e viñas; as vosas figueiras e oliveiras comeunas o saltón, mais non volvestes a min —Oráculo de Iavé—.
10
Mandei sobre vós unha peste semellante á de Exipto, pasei pola espada os vosos mozos ó tempo que capturaban os vosos cabalos, fixen subir ós vosos narices o fedor do campamento, mais non volvestes a min —Oráculo de Iavé—.
11
Derrubeivos coma derrubara Deus a Sodoma e Gomorra e quedastes coma muxica saída dun incendio, mais non volvestes a min —Oráculo de Iavé—.
12
Por iso voute tratar deste xeito, Israel; e porque te vou tratar así aparéllate para o encontro co teu Deus".
13
Pois olla: Quen moldeou os montes e creou o vento, quen lle descobre ó home o que está a matinar, quen fai o abrente e mais as tebras, quen camiña sobre os lombos da terra, Iavé, Deus dos Exércitos, é o seu nome.
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 5 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9