bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Amos 7
Amos 7
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 6
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 8 →
1
Velaquí o que me fixo ver o meu Señor Iavé: velaquí: estaba un a criar saltóns cando comezaba a agromar a herba tardía (esta é a herba tardía que vén despois da sega do rei);
2
e cando xa estaban para rillar a rentes toda a herba do chan, dixen eu: "Meu Señor Iavé, perdoa por favor; como se vai manter Xacob que é tan pequeno?"
3
Iavé arrepentiuse diso: "Non sucederá tal": dixo Iavé.
4
Velaquí o que me fixo ver o meu Señor Iavé: velaquí: estaba un a convocar un trebón de lume que engulipa o grande océano abisal e cando xa estaba queimada a agra,
5
dixen eu: "Meu Señor Iavé, detente, por favor; como se vai manter Xacob que é tan pequeno?"
6
Iavé arrepentiuse diso: "Tampouco non sucederá": dixo o meu Señor Iavé.
7
Velaquí o que me fixo ver o meu Señor Iavé: velaquí: estaba un a carón dun muro e tiña unha chumbada na man.
8
E Iavé preguntoume: "Que ves ti, Amós?" "Unha chumbada", respondín. E díxome entón o meu Señor: "Velaquí: vou botar a chumbada no medio do meu pobo Israel. Non lles vou transixir máis.
9
Serán arrasados os altos de Isaac. Os santuarios de Israel serán destruídos, vou atacar coa espada a caste de Ieroboam".
10
Daquela, Amasías, sacerdote de Betel, mandou recado a Ieroboam rei de Israel, dicíndolle: "Amós está a conspirar contra ti no medio e medio do casal de Israel; o país xa non pode aturar por máis tempo as cousas que di.
11
Pois, velaquí o que di Amós: Ieroboam vai morrer a espada, Israel será deportado de certo da súa terra".
12
Despois díxolle Amasías a Amós: "Vidente, vaite, fuxe para a terra de Xudá; come alí o teu pan, fai alí de profeta,
13
mais en Betel non volvas profetizar pois é santuario real, é templo nacional".
14
Respondeu Amós e díxolle a Amasías: "Nin eu son profeta, nin da caste dos profetas, xa que son gandeiro e coidador de sicómoros,
15
mais foi Iavé quen me colleu de trala grea e foi Iavé quen me dixo: vai profetizar ó meu pobo Israel.
16
E agora escoita a palabra de Iavé: Ti dis: non profetices contra Israel, non fagas agoiros contra o casal de Isaac;
17
pois velaquí o que di Iavé: A túa muller fará de prostituta en plena vila; sobre os teus fillos e fillas caerá a espada; as túas leiras partillaranse á liña, ti mesmo irás morrer en terra impura e Israel vai ser deportado dos seus eidos".
← Chapter 6
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 8 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9